9. SE ALGO VAI MAL...

9. SE ALGO VAI MAL...

Última actualización de en Carla Rodiño Otero

Que facemos se o modelo que tiñamos proposto utilizar na construción do noso rañaceos non vai como esperabamos?

No caso de que os materiais non sexan adecuados, o persoal insuficiente ou o modelo de traballo ineficaz o que podemos facer é propiciar un cambio, que modifique o problema dende raíz para que así se solvente canto antes.

O que si non podemos facer e facer pequenas modificacións superficiais por parte de persoas que non son especialistas xa que si non iremos de problema en problema, é dicir, é preciso que o responsable de ditos cambios coñeza realmente o problema e estea capacitado para tomar as decisións acertadas e enfrontarse a el.

Isto podemos aplicalo tamén ao ámbito educativo, xa que a busca da calidade da educación ten que ir máis alá da implantación dunha Lei, por que considero que esta medida é pobre e insuficiente. Para tentar acadar unha escola de calidade que sexa realmente efectiva, o centro educativo debe cambiar a súa forma de organización, promovendo unha forma de traballo grupal, que a escola se abra á participación das persoas do  entorno, e que as decisións en canto ao currículo se tomen de maneira conxunta. E dicir, considerar que as escolas deben tomar como forma de actuación a de unha comunidade colaborativa, das que xa falei en entradas anteriores, e non en organizacións e estruturas individualizadas que o único que propician é un clima de traballo competitivo e pechado á colaboración.

Pero... ¿por que considero que unha reforma educativa non é suficiente? Penso que, como  xa  ocorreu  en  ocasións  anteriores,  o  único  que  se  consegue  con  outra  reforma educativa máis é tan só cambiarlle o nome ás prácticas educativas que se veñen facendo ata o momento, sen lograr así un avance do que poida emerxer a buscada calidade da educación.

En primeiro lugar, sinalar que dende o meu punto de vista é de especial importancia que todos os axentes que formen parte activa da escola, é dicir, todos aqueles que teñan poder  de  decisión,  ademais  de  implicarse  e  traballar  de  forma  colaborativa  cos  seus compañeiros.  Xa falei en entradas anteriores da necesidade de esta colaboración entre axentes  tendo  en  conta  que  os  piares  básicos  deste  traballo  colaborativo  serían  a comunicación e a colaboración. Trataríase pois de promover unha escola democrática, na que todos poidan opinar e participar, accións que poden dar lugar a conflitos e opinións enfrontadas  pero nunca serían negativos xa que serán esenciais para chegar a un acordo común entre as persoas implicadas.

En canto á concepción democrática da escola atópome  co termo participación, tanto dos pais como das demais persoas do entorno da mesma. Isto implicaría unha apertura da educación cara a comunidade, estando contextualizada na realidade e contexto no que se sitúa  e  desenvolve.  Esta  participación  iría  acompañada  dunha  maior  implicación  na educación,  tomando  conciencia  do  recoñecemento  tan  alto  que  esta  debe  ter,  xa  que considero que é un dos puntais do desenvolvemento como persoas en sociedade.

En  relación  a  esta  participación  activa  por  parte  dos  axentes  implicados  na educación, tanto dentro como fóra das escolas,  atópome  con todas esas decisións que se deben tomar en relación ao  currículo,  decisións que entendo se  deben  tomar de forma conxunta  e  sen  contradicións,  sempre  por  persoas  expertas  no  ámbito  educativo.  ¿é adecuado que unha persoa experta en ámbitos como a economía ou a política sexan quen de decidir sobre os contidos a impartir nas diferentes materias ou a  estruturas e probas a levar a cabo no sistema educativo?  Dende  a miña opinión considero que é preciso que, por exemplo, o responsable máximo da educación en España sexa unha persoa experta neste ámbito, un exemplo a seguir con unha carreira profesional e unha actitude pública exemplares.

Destaco a necesidade deste traballo colaborativo porque o cambio organizativo do que estou a falar non tería sentido de fose proposto como unha reforma máis das que se levan  sucedendo  ata o momento, imposta  dende arriba.  Tense  que tomar, por tanto, á escola como a unidade principal de cambio, adaptando todas as decisións que se tomen as súas propias necesidades e situacións.  É  dicir, un cambio dende o propio centro, levado a cabo polas persoas que están implicadas nel. O que si é tamén moi importante é que as persoas que participen e propicien este cambio estean capacitadas para facelo, formando profesorado competente que teña como interese común o de tentar lograr esa escola de calidade da que continuamente estamos a falar.

Polo tanto, o proceso de cambio é algo conxunto. É certo que o mellor é que sexa unha persoa a que dirixa o proceso, sempre e cando estea capacitada como dixen anteriormente, para que así exista unha mellor organización pero débense ter en conta sempre as opinións de todos os participantes e sobre todo as de aqueles que están máis en contacto co aspecto ou aspectos a modificar.

Ademais do dito ata o momento podedes atopar máis información neste enlace:

¿Unha reforma educativa é suficiente para cambiar a escola?