8ª PARADA. Estación 921. A rede como ferramenta de mellora.

  8ª PARADA: ESTACIÓN 921. A rede como ferramenta de mellora.

imagesT7IS14II.jpg  

 

A oitava parada a realizar polo tren será a “Estación 941. A rede como ferramenta de mellora”. Neste momento do meu portfolio, onde xa está o ecuador pasado, vexo de vital importancia facer referencia aos compoñentes metodolóxicos que configuraron o ambiente de aprendizaxe na materia de “Asesoramento curricular a centros e profesores”. Precisamente por ser unha metodoloxía distinta as que estamos acostumados e, ademais, por enriquecernos de maneira satisfactoria para a nosa labor asesora, merece especial atención adicarlle un pequeno espazo neste amplo protfolio.

É por iso que decido incorporala ós vagóns que carrexa a miña locomotora, formando así o oitavo vagón de experencias e bagaxe asumido.


vagon 8.jpg

O ambiente de aprendizaxe da aula é o resultado de diversos factores (características do alumnado, personalidade do profesorado, antecedentes e experiencias obtidas na materia,…) pero un dos factores de maior incidencia é a metodoloxía, entendida esta como a interrelación dinámica de distintas variables (Parcerisa, 1996). Cando nos plantexamos cales son estas variables, poden xurdir diferentes listas pero, en definitiva, varian os nomes ou a maneira de agrupalas, pois estas sempre soen ser as mesmas. Baixo o meu bagaxe, considero que entre estas podemos atopar a organización dos contidos, as secuencias das actividades, as técnicas de traballo individual, os plantexamentos de traballo en grupo, o agrupamento do alumnado, a organización do tempo e a organización do espazo, atendendo sempre ás decisións de cada profesor encargado da materia, que pode facer máis interactivo ou menos a acción didáctica.

É así que tamén entre estas variables, atopamos á par un elemento que fundamenta estas prácticas, como é a influencia do profesorado na creación deste ambiente de aprendizaxe dependendo das decisións tomadas nos distintos momentos do proceso de ensino-aprendizaxe.

Nesta perspectiva e en relación á materia que nos ocupa, penso que a profundización nunhas temáticas ou outras foi dispar dun alumno/a a outro/a pois, aínda que a materia foi encauzada a través dos diferentes bloques temáticos, deixounos certa autonomía para realizar buscas e indagar na información relativa ao asesoramento. A base da conciencia de cada persoa foi a que fixo que uns ou outros indagásemos máis nos aspectos referidos a este ámbito, sempre suxeridos como xa dixen dende unha base temática. Esta autonomía considero que é moi enriquecedora e, neste caso, máis debido a que a liberdade para fomentar prácticas de consulta e indagación bibliográfica así como da súa publicación, incentivouse a través da Rede Stellae.

red stellae.png

Aínda que nun comezo a todos/as nos resultou novidoso o seu manexo, así como a metodoloxía a seguir, manifestando aspectos negativos ó respecto, considero que a medida que pasou o tempo permitiunos enriquecernos de moitas vivenzas e puntos de opinión. A forma en que compartimos as nosas técnicas de traballo e as temáticas indagadas ó respecto, foi o que me resultou de maior proveito, pois puiden observar o meu proceso levado a cabo, así como o dos meus compañeiros e compañeiras, cadanseu perfil e comentarios no marco do asesoramento e da orientación, así como os documentos creados por cada un deles que, en moitas ocasións, me serviron de axuda para comprender moitas das opcións de aprendizaxe que a profesora nos ía establecendo na aula.

Así, comentarei brevemente cada unha destas variables anteriormente mencionadas:

Comezando pola primeira delas, a organización dos contidos, podemos considerar que a súa realidade é global, pois mentres a profesora Lourdes Montero optaba por un achegamento á esa realidade de maneira disciplinar e marcando uns obxectivos na materia, pola nosa parte optabamos por profundizar nuns determinados aspectos e vertentes desa realidade. Esta maneira de enfrontarnos ó feito educativo, seguramente no seu principio como xa comentaba, tivo os seus “pros” e “contras”, pero a pesar disto, ao día de hoxe vemos reflexado no noso portfolio a gran cantidade de aspectos que fomos recollendo, o que nos permite realizar unha autoavaliación do noso traballo levado a cabo. A cuestión referida a como organizar os contidos para posibilitar e favorecer o seu aprendizaxe (globalmente, interdisciplinarmente,…) deunos a oportunidade da toma de decisións persoais, aínda que se organizarían en base ós bloques temáticos, a súa profundización era libre e dispersa, puidendo tomar diferentes camiños investigadores.

En canto ó segundo aspecto, ás secuencias das actividades, podemos dicir que foron o aspecto central da dinámica de traballo no grupo-clase, aínda que a súa aparición xurdíu tras a aportación dun tema por parte da profesora, estas actividades foron moi diversas e entrañables, como a realización de coloquios, diferentes técnicas (técnica acuario, técnica do seminario, estudo de casos,…), postas en común, desenvolvemento de cuestións técnicas, etc., que fomentaron unha aprendizaxe de máxima calidade posible dende a labor asesora, coñecendo múltiples postas en común que fixeron que toda a clase participásemos na vida diaria da aula.

Neste sentido, fundamentándonos en autores como Parcerisa (1992) que expuxo clases de actividades que debería contemplar unha secuencia para facilitar que se deran aqueles requisitos favorecedores dunha aprendizaxe co máximo sentido posible, a secuencia de actividades debería incluír:

  • Actividades para coñecer ou evaluar os contidos previos dos alumnos/as (coñecemento, actitudes, aptitudes, etc.).
  • Actividades motivadoras e de axuda.
  • Actividades para crear equilibrios ou conflitos cognitivos que predispoñan o alumnado a facer o esforzo para buscar un novo contido.
  • Actividades de busca de información.
  • Actividades de comprensión e contraste cos contidos que se tiñan ó inicio da secuencia.
  • Actividades de xeralización.
  • Actividades de memorización e/ou exercitación.
  • Actividades de avaliación.

 

Observando o cadro anterior, podemos dicir que as actividades estiveron ben fundamentadas, considerando sempre cada un dos requisitos favorecedores da aprendizaxe, tendo en conta que, á maiores, contabamos coa ferramenta Stellae para favorecer toda esta secuencia.

 

No referente ó terceiro aspecto, as técnicas de traballo individual, unha parte do traballo en todo eido educativo, sempre é considerado como traballo por parte de cada alumno, é dicir, de carácter individual, tanto no centro educativo como fora do mesmo. Nesta ocasión, quizás o traballo individual tivo moito peso, pois a creación do noso perfil na rede Stellae permitiunos establecer unha individualización no noso traballo, que deixaba entrever este traballo persoal día tras día.

Asemade, é importante tamén as técnicas de traballo grupal, entendidas tanto como traballo en gran grupo (do conxunto clase), como o traballo en pequenos e reducidos grupos. Ambas técnicas foron empregadas, pois as sesións de clase normalmente foron levadas a cabo en gran grupo, establecendo tempos de debate e contraposición de ideas, pero tamén se estableceron tempos e actividades para o traballo en pequeño grupo, onde tivemos que crear un equipo de traballo co que compartir experiencias ó longo do cuadrimestre. O meu grupo psicopedagogcas viaxeiras ubicamente estivo creado por dous integrantes, pois realmente foi creado así para sacar o maior beneficio posible as prácticas traballadas entre ambas, permitindo contrapoñer visións, apoiar ou complementalas. Foi unha experiencia moi gratificante no sentido en que nos permitiu coñecer máis aspectos tales como o grao de clarificación e de compartimento de obxectivos, participación, decisión, negociación, etc.

Outro aspecto á recoller é o agrupamento do alumnado, que neste caso foi levada a cabo a división en dous grupos para favorecer as prácticas educativas. Os criterios do agrupamento constituíron unha decisión metodolóxica-organizativa moi relevante, pois en base ó mesmo inflúen tanto as posibilidades de que os procesos de ensinanza sexa ou non de calidade. Desta maneira, deuse o caso de maior ou menor participación na aula, maior confortabilidade, clarificación de dúbidas, etc.

E, por último, fago especial relevancia á organización do tempo e do espazo, que aínda que non son variables tan importantes como o resto para favorecer a acción da ensinanza, si ocupan un lugar entre ditas variables. A organización do tempo pode favorecer ou dificultar a aprendizaxe do alumnado, polo que neste caso, debido a que se consideraban moitas horas para a mesma materia, que poderían suxerir desconexión nalgún momento, tal e como se plantexou a actividade na clase, foi igualmente enriquecedora. A organización do espazo non era considerada a máis apropiada para moitas das técnicas a desenvolver no grupo-clase, non entorpeceu a dinámica que se quería seguir.

 

Unha vez visto os elementos imprescindibles para o ambiente da aprendizaxe, neste eido recibe especial atención ós materiais e recursos informáticos como ferramenta de traballo nesta materia. É así a rede Stellae que xoga un papel crucial para levar a cabo todo o traballo que se recolle na materia, así como as diferentes cuestións metodolóxicas recollidas na mesma.

Neste sentido, a informática convértese en algo habitual na nosa sociedade e no noso quefacer diario nesta materia. A rede Stellae foi unha ferramenta que nos permitiu recompilar, comentar e completar todo o traballo levado a cabo, así como insertar contidos diferentes creados a partir do fío condutor establecido pola profesora Lourdes Montero. Neste sentido Ravich (1990) sinala:

“atopámonos nun punto da historia da educación en que o cambio é radicar e posible, e a posibilidade dese cambio está enlazada directamente co impacto do ordenador. (…) a presenza do ordenador está en vías de crear un ambiente para o cambio”.

O panorama debuxado por Ravitch é, como mínimo, suxerinte. De todas maneiras, son moitas as incógnitas que un se plantexa en canto o papel das novas tecnoloxías no mundo da ensinanza, en diferentes aspectos (como por exemplo, a avaliación). Pero ao caso, é un prototipo que nos permite tamén avaliarnos como é o caso do portfolio electrónico ou dixital xa comentado en anteriores páxinas. En todo caso, a estas alturas, é apalpable e suficiente as vantaxes do hardware para posibilitar un uso individualizado, económico e sen problemas de espazo, práctico pois supón maior facilidade e comodidade. O seu proceso é complexo no que interveñen moitas variables que interactúan entre si, polo que a reflexión no seu deseño e recompilación necesita ser esmerada, pero cunha análise positiva no seu fin.

 

Entrados neste punto, xórdeme unha cuestión ó respecto, para confrontar a miña idea inicial….merece a pena o esforzo? As competencias acadadas coa nosa labor na materia son significativas, e máis se temos en conta a adicación diaria na mesma. A funcionalidade da aprendizaxe esgrime como indicador do que realmente se foi producindo, un cambio na perspectiva da función social da escola. Desta maneira considero que aprendemos a ser e aprendemos a facer, dous aspectos clave que considero importantes na miña andamiaxe, polo que valeu e moito a pena.

Esta funcionalidade da que antes falaba está relacionada coa orientación na práctica educativa. Pois como profundicei en documentos recollidos en páxinas anteriores, é un punto importante ter en conta a influenza das TIC na práctica asesora, cada vez máis demandada. Polo que como futuros psicopedagogos e psicopedagogas, considero relevante o emprego das novas tecnoloxías na nosa formación inicial, para que en posteriores retos non as consideremos tan ríxidas e imposibles de acceder. E por isto, que as competencias que implican e que nos fan desenvolver así como adquirir, mostran moita importancia na labor asesora, na nosa labor futura.

 

Gustaríame neste apartado, recoller e comentar brevemente a diversidade estratexias metodolóxicas que empreguei no meu perfil da Rede Stellae para construír os meus coñecementos base sobre o asesoramento. Entre estas estratexias atopamos os diarios de clase, como ferramenta que me permitiu recompilar todo o visto na aula e facer valoracións ó respecto; os blogs a través dos cales publiquei aspectos de menor orden e extensión, que considerei relevantes pór ó día durante a miña investigación sobre o asesoramento. Así, recollo noticias diversas sobre o ámbito educativo, sobre os profesionais que traballan no mesmo (sobre todo os asesores), viñetas representativas das noticias, redes de ferramentas para o asesor e orientador, ofertas de traballo ou de formación do momento,…; nos arquivos fun construíndo a miña base de investigación e indagación sobre o asesoramento e todos os eixos relacionados co mesmo (a colaboración, as relacións interpersoais, a construción do rol do asesor/a, a orientación como eixo do asesoramento, o currículo como elemento necesario para o asesor,…). Todos estes aspectos e moitos outros que foron considerados no seu momento de especial importancia para recoller no meu perfil na Rede Stellae.

 

En definitiva, foron moitos os momentos vividos dende esta Rede Social que xurdiron no meu paso pola materia de asesoramento curricular a centros e profesores, momentos duros e momentos  que conseguiron encherme as miñas dúbidas de solucións. Pero todo estes momentos, neste momento do cuadrimestre, denotámolos como enriquecedores, como un espazo onde conviviron diferentes maneiras e perspectivas, mediante interaccións, longas lecturas, creación de arquivos da mellor forma posible, compartimentos de sentimentos e prexuízos, … Todos eses momentos que para min son catalogados como gratificantes para a construción da miña andamiaxe no asesoramento.

 

Quero así finalizar esta páxina cun blog que quixen compartir con todos referido á “rede como ferramenta de mellora da educación”, título que establecín para esta páxina.

La red como herramienta de mejora de la educación

Analizando diferentes lugares en la web referidos á la orientación educativa, he constatado que además de ofrecer diversidad de recursos para establecer un asesoramiento, también disponemos de asesores para los formadores, que pueden incluso servir de asesoramiento al asesor.

Es así que en el siguiente blog "El orientador de guardia", se ofrecen al alcance de cualquiera, 24 horas al día de recursos, ideas y propuestas para educar. Pues como bien señala su autor, nos ofrece "el menú del día" en cada uno de estos recursos que el va publicando sobre lo que le parece más interesante recogerlo de su labor de orientador.

Os animo a que echeis un vistazo, pues creo que puede ser muy interesante en nuestra labor futura.

http://4.bp.blogspot.com/-1b-b2ax8MfA/UUcCsJWNo6I/AAAAAAAAA8Y/5Era1b2gBdM/s1600/blog.png

 

image