10. TODAS AS PARTES DA CONSTRUCIÓN TEÑEN A MESMA IMPORTANCIA

Á hora de construír un rañaceos ou calquera outro tipo de construción temos que recordar que todas e cada unha das partes que o compoñen son de especial importancia, xa que si prestamos máis atención en uns aspectos que en outros, co tempo, virán os problemas.

As partes dun todo

O mesmo ocorre no ámbito do asesoramento e, en xeral na educación, onde é preciso que todas e cada unha das persoas que participan en estas actividades estean atendidas en todo momento tanto de forma conxunta, como de forma individualizada tendo en conta as súas características persoais, é dicir, atendendo á diversidade. 

Atención á diversidade,

Pero... ¿que é a diversidade? Podemos definila como unha característica intrínseca do ser humano, xa que cada persoa ten un modo especial de pensar, de sentir, de actuar, independentemente de que, dende o punto de vista evolutivo, existan patróns cognitivos, afectivos e conductuais con certas semellanzas

Dita variabilidade, ligada ás diferencias nas capacidades, necesidades, intereses, ritmo de maduración, condicións socioculturais, etc., abarca un amplo espectro de situacións en cuxos extremos aparecen os suxeitos que máis se afastan do habitual.

Penso que existe unha visión que asocia o concepto de diversidade exclusivamente aos colectivos que teñen unhas peculiaridades, que requiren un diagnóstico e atención por parte de profesionais especializados. Pero, creo que debería estar totalmente estendida  a idea de que nos diferentes grupos de persoas, xa non só nun centro educativo, existe unha variabilidade natural, á que, no caso da escola, temos que ofrecer unha atención educativa de calidade ao longo de toda a escolaridade.

Centrándome nese grupo de alumnos que precisan unha atención máis específica con uns métodos de aprendizaxe e recursos adaptados ás súas necesidades, preséntaseme outra cuestión, ¿que significa NEAE?

Para definilo, considerei oportuno dirixirme ao artigo 32 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a Atención á Diversidade na Comunidade Autónoma de Galicia, e no que se sinala que o alumnado que presenta unha Necesidade Específica de Apoio Educativo é:

“Aquel que requira, de forma temporal ou permanente, apoios ou provisións educativas diferentes ás ordinarias por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, por altas capacidades intelectuais, por incorporarse tardiamente ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar.”

Neste mesmo decreto, o 229/2011, pero neste caso no artigo 3 defínese a atención á diversidades, presentando o seguinte:

“Enténdese por atención á diversidade o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.”

Por tanto, dicir que o termo atención á diversidade enténdoo como o conxunto de accións educativas que tenta previr e dar resposta ás necesidades que se presenten en todo o conxunto de alumnos e alumnas do centro.

Ademais a diversidade leva consigo unha serie de principios como son: diversidade, inclusión, normalidade, contextualización, perspectiva múltiple, expectativas positivas...

Para atender a dita diversidade da que estou a falar, no artigo 7 do mesmo decreto xa nomeado con anterioridade, preséntanse unha serie de medias, ordinarias e extraordinarias.

En canto ás medidas ordinarias considéranse como tal: “todas aquelas que facilitan a adecuación do currículo prescritivo, sen alteración significativa dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros educativos e ás características do alumnado.”

No tocante ás medidas extraordinarias considéranse estas como: “todas aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade específica de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade de escolarización.”.

Dicir que dende o meu punto de vista considero que sempre que se poida non debemos pasar das medidas ordinarias, xa que estas implican unha serie de modificacións no seu día a día nos centros pero non implica unha modalidade de escolarización ou o establecemento dun currículo propio diferente ao do seu contexto de referencia.

Moitas veces, e digo isto pola miña experiencia nas prácticas educativas, tómanse medidas de este tipo, sobre todo extraordinarias, considero que de maneira moi precipitada, xa que moitas veces con un pouco máis de atención por parte do titor e dos diferentes docentes que traballan con determinados alumnos e alumnas, sería suficiente para subsanar algunha das dificultades que se poidan presentar no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Por exemplo, durante o Prácticum II de psicopedagoxía que rematou fai tan so uns días, tiven a oportunidade de observar como  a un neno que presentaba indicios de hiperactividade pero non estaba diagnosticado como tal se lle elaboraba unha Adaptación Curricular, exemplo de medida extraordinaria, e dende o meu punto de vista si ese neno recibía un pouco máis de atención por parte da súa titora de aula e tamén por parte da especialista de pedagoxía terapéutica que podía acudir á aula dúas horas semanais, este neno melloraría moitísimo e esa adaptación deixaría de ser precisa.

Ademais, no caso de facer iso, o neno sentiríase moito máis integrado na súa aula e cos seus compañeiros xa que doume a impresión de que se sentía un pouco desprazado por ter libros dun curso anterior ao que lle corresponde. 

Todas estas medidas, tanto as ordinarias, como as extraordinarias e tamén a explicación minuciosa de algún punto presentado aquí, como pode ser o dos principios están máis ampliados no arquivo ao que dirixe o seguinte enlace:

Atención á diversidade