10.1.1 Adaptación Curricular Individualizada

A primeira delas son as adaptacións curriculares, que logo de indagar a Orde na que se regulan, xa que non recordaba exactamente cal era, atopeime coa Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral. Isto está publicado no DOG nº 213 do 7 de novembro de 1995.

Nesta orde, enténdense como tal: “as modificacións dun ou de máis elementos prescriptivos do currículum, como os obxectivos, os contidos e cos criterios de avaliación, para atende-las necesidades educativas dun alumno ou alumna motivadas tanto por unha determinada dificultade persoal como polas súas capacidades exepcionais.”

Para que se poidan implantar téñense que dar unha serie de condicións como son:

  • Serán elementos do currículo susceptibles de modificación os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación.
  • Estarán dirixidas a alumnos e alumnas que por diferentes motivos non poden seguir o desenvolvemento ordinario do seu currículo de referencia.
  • O seu desenvolvemento será responsabilidade de diferentes axentes que terán que traballar de maneira conxunta.
  • Duración mínima dun ciclo educativo.
  • Levaranse a cabo, na medida do posible, na aula ordinaria correspondente ao destinatario ou destinataria.

Existen unhas pautas de elaboración para estas medidas, é dicir, un proceso establecido do que non podemos esquecer ningún dos pasos. Ademais de existir tamén diversos tipos de adaptacións curriculares. Estes tipos son os seguintes:

  • Adaptacións curriculares de acceso ao currículo: son modificacións ou provisión de recursos espaciais materiais, persoais ou de comunicación que van a facilitar que algúns alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais poidan desenvolver o currículo ordinario, ou no seu caso, o currículo adaptado. Estas, poden ser de dous tipos:
    • De acceso físico: recursos espaciais, materiais e persoais.
    • De acceso á comunicación: materiais específicos de ensinanza: axudas técnicas, sistemas de comunicación complementarios, sistemas alternativos...
  • Adaptacións curriculares individualizadas: son todos aqueles axustes ou modificacións que se efectúen nos diferentes elementos da proposta educativa desenvolta para un alumno ou alumna co fin de responder ás súas necesidades específicas y que non poden ser compartidos polo resto dos seus compañeiros. Poden ser de dous tipos:
    • Non significativas: modifican elementos non prescriptivos ou básicos do currículum.
    • Significativas: modificacións que se realizan dende a programacións e que afectan aos elementos prescriptivos do currículum oficial por modificar obxectivos, contidos e criterios de avaliación.

A continuación tedes acceso a dous arquivos; no primeiro deles amplíase a información presentada aquí sobre as adaptacións curriculares, e no segundo podedes atopar un exemplo de dita medida.

Adaptación Curricular

Exemplo Adaptación Curricular