10.1.2 Programas de cualificación profesional inicial

No artigo 30 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, establécese que corresponde ás Administracións educativas organizar programas de cualificación profesional inicial. Dicir que é na Orden do 13 de Xullo de 2011 na que se regulan os programas de cualificación profesional inicial en Galicia.

Ditas administracións educativas son as encargadas de organizar programas de cualificación profesional inicial destinados a alumnos e alumnas maiores de 15 anos, cumpridos antes do 31 de decembro do ano de inicio do programa, co fin de que alcancen competencias profesionais propias dunha cualificación de nivel 1 da estrutura actual do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, así como de que teñan a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria e de que amplíen as súas competencias básicas para proseguir estudios nas diferentes ensinanzas.

Finalidade destes programas:

Os programas de cualificación profesional inicial, teñen como principal finalidade prever o abandono escolar antes da finalización da escolaridade obrigatoria e abrir novas expectativas de formación e de titulación a xoves en situación de desvantaxe sociolaboral e educativa. 

Estes programas van destinados a alumnos escolarizados con dificultades de aprendizaxe, a alumnado desescolarizado por abandono do sistema educativo e a alumnos e alumnas con necesidades específicas asociadas a condicións persoas de discapacidade ou trastornos graves de conducta.

Son dous os tipos de módulos que conforman este programa: módulos obrigatorios, teñen por obxectivo cualificar ao alumando destas ensinanzas para o desempeño da actividade profesional correspondente e o acceso a ciclos formativos de grao medio; e módulos voluntarios, que teñen por obxecto complementar a formación precisa para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Para poder cursar programas de cualificación profesional inicial, con carácter xeral, o alumnado que teña entre 15 e 21 anos cumpridos dentro do ano de inicio do programa para o que se considere que é a mellor opción para alcanzar os obxectivos da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria.

Os obxetivos, a explicación dos módulos e un exemplo pode consultarse no seguinte enlace:

Programas de cualificación profesional inicial