10.1.3 Programa de diversificación curricular

Por último a terceira das medidas das que vou a falar son os programas de diversificación curricular que posibilitan unha organización dos contidos, actividades e materias do currículo diferentes á establecida con carácter xeral, así como unha metodoloxía específica que lle permita ao alumnado que acceda a estes programas adquirir as competencias básicas, alcanzar os obxectivos xerais da etapa, e, polo tanto, obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Dicir que podemos agrupar en dous as persoas que teñen acceso a estes programas, e dicir, por un lado poden acceder aqueles alumnos e alumnas que teñen dificultades xeneralizadas de aprendizaxe, que xa foron obxectivos doutras medidas de atención á diversidade sen resultar eficiente e que se atopan nunha situación de risco evidente de non alcanzar as competencias básicas e os obxectivos previstos para o seu curso ordinario de referencia. E, por outro lado, está o alumnado sobre o que existen expectativas razoables de que coa incorporación a ditos programas poderán obter o título de graduado en educación secundaria, que polo sistema ordinario, polo motivo que sexan non resultaría posible.

Ademais, para poder acceder a estes programas deben darse unha serie de condicións de acceso, que son as seguintes:

  • Ter cursado o segundo curso da educación secundaria obrigatoria, non estar en condicións de promocionar ao curso seguinte e que repetisen xa unha vez na etapa.
  • Tras cursar o terceiro curso, non estar en condicións de promocionar.
  • Tras repetir o terceiro curso, non superalo.
  • Tras cursado o cuarto curso da educación secundaria obrigatoria sen superalo e ter repetido xa unha vez na etapa.

En canto a estrutura podemos diferenciar:

  • Un ámbito específico de carácter lingüístico-social, que incluirá elementos formativos seleccionados entre os obxectivos e contidos curriculares correspondentes ao terceiro e ao cuarto curso da etapa das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, lingua galega e literatura e lingua castelá e literatura. A selección destes elementos formativos realizarase tendo en conta o seu carácter nuclear, a súa relevancia social e cultural, a súa funcionalidade e a súa capacidade para facilitar o desenvolvemento das competencias básicas e a consecución dos obxectivos da etapa.
  • Un ámbito científico-técnico, que incluirá elementos formativos seleccionados entre os obxectivos e contidos curriculares correspondentes ao terceiro e ao cuarto curso da etapa das materias de matemáticas, bioloxía e xeoloxía e física e química. A selección destes elementos formativos realizarase tendo en conta o seu carácter nuclear, a súa relevancia social e cultural, a súa funcionalidade e a súa capacidade para facilitar o desenvolvemento das competencias básicas e a consecución dos obxectivos xerais da etapa.
  • As materias do terceiro curso: lingua estranxeira, educación plástica e visual e educación física.
  • As materias do cuarto curso: lingua estranxeira, música e educación física.
  • A materia de tecnoloxías, con carácter eminentemente práctico, que incluirá os contidos básicos correspondentes ás materias de tecnoloxías do terceiro curso e de tecnoloxía do cuarto.
  • Unha materia optativa elixida entre aquelas que oferte o centro para os cursos terceiro e cuarto.
  • A materia de relixión, nas condicións establecidas para todo o alumnado.

Como no caso das medias anteriores, nos seguintes enlaces presento máis información sobre estes programas e tamén un exemplo dos mesmos:

Programa de diversificación curricular

Exemplo programa de diversificación curricular

 

Despois disto, dicir que reitero a miña opinión de calquera das medidas extraordinarias que se tomen, deben facerse como medida extrema, é dicir, logo de esgotar todas as accións posibles a realizar na aula ordinaria co seguimento do currículo ordinario.

Ademais, resaltar tamén esa importancia de traballo conxunto entre o profesor- titor e os demais responsables que interveñan, así como tamén esa necesidade de avaliación continua para detectar calquera erro que implique unha modificación das decisións acadadas.