2.5. A colaboración durante todo o proceso

2.5. A colaboración durante todo o proceso

Última actualización de en REBECA

Quizais sexa consecuencia de ser primeriza nisto de ser nai;  non o sei;  pero a necesidade de axuda que sinto a nivel de consellos é moi grande. Penso que ser inexperta me obriga a pedir e a aceptar colaboración das persoas que me rodean, profesionais do ámbito sanitario, puericultor ou simplemente persoas de a pé que coa súa experiencia me aconsellan sobre como levar o embarazo,  como completar a canastilla da miña pequena...

O feito de saber que teño apoio ao meu redor, que os meus familiares e amigos se implican comigo e a miña parella nesta nosa nova andaina faime sentir máis segura e tranquila, así como a oportunidade de poder asistir ás clases de educación maternal e compartir coñecementos coa matrona e coas demais compañeiras de grupo.

Recordo, neste intre, a primeira clase de educación maternal na que a matrona, o primeiro que nos transmitiu foi a importancia do GRUPO e da COLABORACIÓN.

Estes mesmos elementos foron tratados durante algunhas clases e tanto individualmente como no conxunto do grupo-clase fomos desmenbrando as características deste xeito de traballar, así como as súas vantaxas.

No seguinte archivo plasmo os rasgos principais da colaboración como xeito de traballo.

colaboración .pdf

Por outra banda, no blog tamén colguei algunha entrada na que falo da importancia do traballo colaborativo para aprender de xeito conxunto e enriquecernos desa variedade de opinións, puntos de vista...

Importancia da aprendizaxe colaborativa

Con esta entrada, pretendo hacer hincapié en la importancia de un buen desarrollo de la competencia colaborativa desde los primeros cursos de la escuela para formar alumnos y alumnas competentes para ser capaces de trabajaren equipo ya que no sólo es un recurso útil para el aprendizaje durante la vida académica sino también para el mejor desempleo de la capacidades profesionales.

Tenemos que ser conscientes de una vez de la importancia de enriquecernos de las aportaciones, ideas, opiniones de nuestros compañeros de equipo, sea en clase o sea en el trabajo.

 

colaboración .pdf

Xa que falamos da importancia do GRUPO como sistema ou recurso do cal enriquecer a nosa aprendizaxe, cabe destacar que, coma no meu caso persoal coas clases grupais sobre maternidade, no ámbito educativo e profesional tamén existen diversas técnicas que favorecen o traballo grupal. Na aula realizamos e tratamos a técnica do acuario, eu no blog, tratei de facer un achegamento a diferentes dinámicas de grupos.

Técnicas de dinámicas de grupos

 

Navegando pola rede atopei unha páxina moi interesante na que se fala sobre as diversas dinámicas de grupos que podemos poñer en xogo nunha clase, nun grupo de traballo... co fin de alcanzar os obxectivos que a priori pretendamos; fomento da comunicación, cambio de conductas...

Creo que, como xa ben falamos sobre a importancia da colaboración dentro dun grupo, é necesario; moitas veces; levar a cabo técnicas deste tipo para lograr un óptimo traballo colaborativo dentro dunha aula, institución

 Como dixen, aquí vos deixo o enlace

http://www.uhu.es/cine.educacion/didactica/0042tecnicasgrupos.htm

 

Para finalizar este apartado, e seguindo o meu relato sobre o embarazo, non debo esquecer que o feito de ser nai vai supoñer un gran cambio na miña vida e que aínda que moitas veces desexemos facer algo, a comodidade e a resistencia ao cambio fan que renunciemos a iso que nun principio nos plantexamos.

Á hora de traballar en equipo no ámbito profesional debemos superar as barreiras do egocentrismo e o aillamento e deixarnos arroupar polas ideas e opinións dos nosos compañeiros aceptando reunións extra, ás veces fóra do horario normativo pero sabendo que ese esforzo terá unha recompensa tanto a nivel persoal co propio enriquecemento como a nivel contextual xa que influirá de xeito positivo no contexto co cal interactuamos.

No documento de Echeita, G. e Rodríguez, V. (2005) podemos ver un claro exemplo das súas experiencias persoais cando chegaron ao seu centro de traballo e se tiveron que enfrontar aos seus compañeiros. Algunhas veces a rede de colaboración era nula, outras algo máis visible ... o que fai que moitas veces os profesionais da orientación educativa se sintan inútiles ou invisibles nos seus centros de traballo.

A raíz desta resistencia ao cambio, fixen unha entrada no blog sobre unha percepción persoal acerca dunha cita de Shulman que a profesora Montero puxo na clase o día que tratamos este tema na aula.

Reflexión persoal sobre unha cita de Shulman (1993)

Na clase anterior, a profesora rematou a súa exposición cunha diapositiva que chamou moito a miña atención.

Para poñernos en contexto direi que a clase falaba sobre o cambio educativo, a dificultade que isto supoñía para os mestres/as afeitos a unha forma de traballar e viamos algunhas consideracións que debiamos ter en conta.

Finalmente, a profesora mostrounos unhas citas de diversos autores en torno ao proceso de cambio e a última delas, a de Shulman, despertou en min moito interese.

Aquí deixo unha pequena reflexión persoal sobre isto:

 

shulman.pdf