9ª PARADA. Estaciónn 958 das conclusións.

  9ª PARADA: ESTACIÓN 958 das conclusións.

señalizacion tren.jpg

A novena parada a realizar polo tren será a “Estación 958. Conclusións”.  Neste punto do traxecto andado, é necesario botar unha ollada ó proceso percorrido e visualizar bos ou non tan bos momentos que foron seleccionados desta andaina pola materia de “Asesoramento Curricular a centros e profesores”, que serán recollidos no penúltimo vagón, esta vez con cristaleira para poder visualizar todo o camiño andado e percorrido, así como os sentimentos atopados na súa andaina e os resultados obtidos.


otro vagon.jpg

 

 

 

 Neste momento ocórreseme unha frase emotiva de Lincoln sobre o percorrido realizado:

“Vou despacio, pero xamáis desandando o andado”

 

O mesmo me suscinta ó pensar o traxecto levado a cabo, a metodoloxía innovadora e afable que se nos foi proposta, as dinámicas de traballo, … todos eses aspectos que foron desatando o camiño percorrido:

“razón quen da razón do camiño é porque andado o ten ”

Por este motivo e por outros podo dicir e considero que este traxecto foi do máis acertado, aínda que dificultoso e laborioso, o camiño percorrido condúcenos a novos senderos polos que deberemos camiñar para descubrir o que nos poden mostrar. Algúns deles supoñerán o peche dalgún capítulo, pero outros espertarán maiores curiosidades sobre as que deberemos seguir investigando, buscando respostas que máis nos convenzan.

En calquera caso, todos os sentimentos vividos e as súas autenticidades, experimentacións, buscas, reflexións, diálogos, debates, postas en común,… fixeron do camiño un doce destino.


Como mencionaba na miña tarefa 0 de onde veño e hacia onde vou? as miñas afirmacións suscitaban o seguinte:

Fuese el modelo de asesoramiento que fuese, lo principal es tener en cuenta que el perfil profesional del psicopedagogo/a está elaborado desde los cuatro pilares fundamentales que todo proceso educativo debe lograr: aprender a ser, aprender a aprender, aprender a convivir en sociedad y aprender a educar (Delors, 1996). Estos pilares podríamos decir que deberán ser los que nos definan en un futuro como próximos psicopedagogos y psicopedagogas!!!!

 

Efectivamente estes piares foron traballados na materia dándonos fundamento como futuros psicopedagogos e psicopedagogas que iremos ser. Como dixen na anterior entrada, aprender a ser e aprender a facer foron dous dos aspectos que levarei sempre conmigo na miña viaxe. A metodoloxía empregada, a realización do portfolio, o compartimento de intereses e curiosidades, … fixeron crear estes piares.

Desta maneira, despídome coa ilusión de poder poñer en práctica todos os coñecementos teóricos adquiridos, e considerar se realmente o meu modelo é tan válido como os demáis, poder corroborar esas prácticas ofrecidas dende os estudos de casos, debatir, dialogar e consensuar, etc. Lograremos desta maneira fundar uns futuros psicopedagogos e psicopedagogas comprometidos coas tarefas e implicados hacia a mellora da calidade educativa.

 

E así conclúo a miña carruaxe, completa de información relevante que me acompañará nunha viaxe que só fixo que acabar de comezar….


tren definitivo.jpg