A. Introducción

A. Introducción

Última actualización de en Sandra Seijo Cajaraville

bajo del mal.jpgIntroducción do Portafolios; “Manolo, o polbo asesor”

 

           Mentres estaba elaborando cada entrada do portafolios, cada novo tema  que  un asesor na súa labor debería ter en conta, e todo o que debe  conxugar para  a súa boa praxe,  veu a miña  mente a   figura dun  polbo.  Pese a que pouca  xente o sabe, o polbo é o  animal máis intelixente  do reino animal. E así e  como eu  vexo a un asesor, como un  experto  e coñecedor  dun  saber dun ámbito concreto.

            Este cefalópodo   vive  nun mar de incertidume e de constantes cambios, pois o mar pode estar en calma, como  estar bravío, pode estar alto ou con fortes rachas de  vento do noroeste, como do suroeste… Nunca se sabe que dificultades ou contratempos  se  pode  atopar este pequeno animal  na súa vida cotidiana.  E é  este mar, no que vive o polbo, o que me  recorda tanto aos diferentes  contextos, centros  educativos  e  sorpresas  que  nos podemos atopar, así como as dificultades  dos mesmos.

            Tamén é  este  o mar no que intenta  sobrevive  o polbo realizando as súas responsabilidades pero … ¿cales son as súas tarefas e funcións? ¿Qué  fai  un polbo no seu día a día?. Estas son  dúas preguntas que tamén teñen similitude  coa figura do asesor. Moitos profesionais da docencia ou do mundo educativo, non teñen  clara que funcións e tarefas son propios  do asesor, e ven innecesaria  a figura do mesmo no centro,  o que  ameaza a nosa  profesión, así como ameazan os  barcos pesqueiros a  este pequeno e supervivente animal.

            Ata o momento, nomeei  varias similitudes que para min existen entre  a figura dun polbo e a dun asesor como son;  o mar ( o contexto), os barcos pesqueiros ( os profesionais que desvalorizan  ou descoñecen a nosa labor),  o cefalópodo  que  é e intenta sobrevivir nun mar de constantes cambios (  o asesor ou asesora que  intenta sobrevivir no mundo educativo e  que se ve golpeado coas novas leis de educación). . . Todas esas similitudes que puiden  atopar son secundarías, por así dicilo, pois a máis relevante  para o meu pensar é a capacidade que ten o polbo de argallar e desenvolverse  con todos  e cada un dos seus tentáculos. Axilidade  e capacidade que debe ter no desenvolvemento  da súa labor. Debe por en práctica, tanto  os seus coñecementos, a súa experiencia, os seus recursos, as súas técnicas, as súas habilidades sociais para traballar de forma cooperativa  co resto de compañeiros . . .

            Outra das características que  para  min é relevante a hora de facer  a similitude  asesor- polbo, é a capacidade  deste  pequeno animal de adaptarse ao medio e   á situación. Capacidade e habilidade que debe ter, baixo o meu pensar,   todo bo profesional do asesoramento.

           Ao longo deste portafolios, intentarei  desconfigurar e aclarar cada un dos  saberes que agochan os tentáculos deste polbo que  me aventurei a  bautizar como  Manolo, o polbo asesor.  Bautizado así, porque ao pesar de ser  rosa, non ten porque ser chica, hai que desetiquetar o rosa como o  cor de chicas, e o azul dos chicos, e  que a practica asesora pode ser de ámbolos sexos, pese a que o numero de   alumnas supera con creces  ao numero de  alumnos varóns. Deste xeito  xurde  Manolo, nome varonil e   con gran peso na  nosa cultura galega, e que ten un toque de cor rosa  con que ver  o mundo.

             No transcurso da lectura do portafolios, intentarei explicar a Manolo que nos ensinará  a importancia  que ten cada un dos saberes que  agocha nos  seus tentáculos e no  invitará  a reflexión, sembrando  en nós a semilla  da investigación  e  do  querer saber sobre o tema.