2.7.A miña finalidade maternal

2.7.A miña finalidade maternal

Última actualización de en REBECA

A poucas semanas de convertirme en nai e voltando a vista atrás, a aquel ventre plano que pouco a pouco foi dando forma a unha regordiña barriga de embarazada que facía notoria a presenza dun pequeno ser que , co paso dos días, ía medrando milímetro a milímetro, penso en como será a miña faceta diaria coma nai. teño claro que eso de NAI garda no seu interior moita responsabilidade e que as miñas pretensións asperan alto para poder alcanzar ese concepto de NAI 10 ao que supoño que toda muller quere chegar.

 

Do mesmo xeito estou segura do que quero na miña vida profesional, sei que quero que xire en torno ao ámbito educativo, andaina que xa comecei fai catro anos coa carreira de Mestra e que este ano penso rematar cos estudos de psicopedagoxía.

Teño claro cal é a forma na que quero exercer a miña labor profesional, sempre é cando sexa posible claro, e quero que sexa traballando de froma responsable coas tarefas que se me propoñan, atendendo do mellor xeito posible ás demandas que se me plantexen desde o contexto escolar no que estea inmersa, aínda que sei que non sempre vai depender de min senón que, moitas veces, estarei limitada polos recursos humanos e materiais que a administración regule.

Por outra banda, non me gustaría  traballar de xeito aillado xa que son consciente de que hai cousas que ás veces se nos poden escapar e se nos poden pasar por alto, aínda que esa non sexa a nosa intención, así que opino que será mellor traballar en equipo, compartindo experiencias, coñecementos, recursos para enriquecernos tanto a nivel persoal como social e contextual.

Ao fío das lecturas de Echeita e Rodríguez nas que nos amosan as súas experiencias persoais á súa chegada a un departamento de orientación eu tamén elaborei un pequeno relato dando resposta a tarefa que a profesora Montero propuxo e que tiña por nome: O meu primeiro día nun departamento de orientación.

Cando me sentei fronte o ordenador para realizar dita activiadade tratei de pechar os ollos e imaxinar ese primeiro día como responsable dun departamento de orientación. Aquí está o resultado dese momento de imaxinación e creatividade aínda que desexo que algún día, nun futuro non moi lexano se faga realizadade.

 

O meu primeiro día no departamento de orientación dun centro educativo

 

Desexando que ese día non tarde moito en chegar tento controlar a miña alegría pola outra experiencia persoal que, se todo sae ben, tardará algo menos en chegar........o momento de convertirme en nai.