CAPÍTULO 8: CONCLUSIÓNS

CAPÍTULO 8: CONCLUSIÓNS

Última actualización de en Mónica Vanesa Rodríguez Hermida

CONCLUSIÓNS

Despois dun longo e continuado traballo, creo que aprendín moito sobre o asesoramento, a orientación. Debemos ter en conta que a colaboración é o punto de partida, para que con  menos traballo; colaborando e cooperando cos compañeiros poidamos chegar moito máis lonxe. Para isto, debemos saber poñernos no lugar do outro, e contar as nosas experiencias, para que tamén lle sirvan a outros como aprendizaxe. Pode que se pense que require de moito tempo, cousa que é certo, pero non é un tempo malgastado, xa que deste modo, podemos avanzar e lograr mellores éxitos que de forma illada.

Tamén debemos ter en conta, que dependendo do autor e da época, hai varias opinións e non ten porqué haber unha única opinión correcta; o que ten e que estar ben argumentado; é dicir, podes chegar a convencer sobre uns tipos de modelos, e en función de cómo os clasifiques e os expliques pode estar moi ben explicado, e ser igual de correcto que outras cousas que aparentemente non parecen semellantes.

Un punto importante é ser conscientes de que na orientación pódese asesorar, e no asesoramento pódese orientar, aínda así, hai un apartado onde nos clarifica as diferenzas entre ambos.