3. CONCLUSIÓN

3. CONCLUSIÓN

Última actualización de en REBECA

A miña andaina premamá está rematando, ao igual que rematou este cuatrimestre e con el, chegou a fin a materia de Asesoramento curricular a centros e profesores,esa asignatura coa que me custou conectar, na que non me sentía segura dada a metodoloxía de traballo a cal nos  requería un traballo persoal activo e constante, feito polo que tardei en comezar a subir archivos e realizar entradas no blog.

Mais, coas indicacións e orientacións da profesora e a axuda das miñas compañeiras de grupo fun comezando a realizar as tarefas, indagar sobre os aspectos tratados na aula...

Unha vez finalizado o cuatrimestre e botando unha ollada ás horas de clase vividas e ao tempo dedicado a buscar información e realizar os traballos podo dicir que foron moitas as aprendizaxes obtidas, xa que,  o acercamento ao asesoramento foi máis amplo e mais claro do que eu nun principio pensaba, mais, aínsa así ,creo que, como xa destacaron máis compañeiros na clase, trátase dun concepto moi amplo que abarca moitos elementos que o conforman e lle dan forma, concepto que, por esta razón, é obxecto de milleiros de estudos teóricos diarios polo que é imposible abarcalo por completo e dalo por "finiquitado" senón que se debe revisar continuamente, non só á orde deses estudos teóricos senón tamén porque é un eixo de cambio no sistema educativo, o que, no caso español está sometido de xeito continuo a severos cambios.

Por outra banda, debo sinalar os meus medos e inseguridades á hora de comezar a elaborar o portafolio mais,  unha vez escollida a metáfora do relato que guiaría o curso do meu traballo final e comezar coas primeiras liñas da primeira páxina funme relaxando e esa tarefa que a mediados de cuatrimestre viamos imposible no grupo de traballo foi collendo forma ata chegar a ter o meu nome, as miñas palabras, a miña metáfora que será o meu sinal de identidade....e convertirse finalmento no meu portafolio.

 

Levo no meu traballo, na canastilla da miña pequena, os recursos necesarios cos que enfrontarme á miña labor profesional en forma de documentos, imaxes, relatos... sabendo que son unha pequena escolma e que na miña andaina profesional deberei ir completando.

 

 

Debo ir rematando estas liñas finais do meu traballo sendo consciente de que está claro que cada reto que se nos propoña e que sexamos quen de superar, sexa no ámbito que sexa, será un charco que saltemos e unha páxina chea de coñecementos que enriqueza o noso libro persoal de vida e ao tempo, nos enriqueza como persoas no seu sentido máis amplo e como nais,pais,  mestres e mestras, psicopedagogos e psicopedagogas na súa faceta máis restrinxida.

 

Quizais o reto desta materia estea a punto de culminar pero estou segura de que nas nosas vidas pronto nos teremos que enfrontar a novos retos que nos invadan de medo e inseguridades ao principio pero que nos encherán de satisfacción unha vez superados.

So temos que seguir camiñando, deixándonos levar polas sensacións que nos satisfagan e enriquezan e cando nos atopemos diante dun charco saltalo por moi grande que sexa...............................................

Así pois.........................................................................................................sigamos ....................................................camiñando............................................................