CAPÍTULO 9: AUTOAVALIACIÓN

AUTOAVALIACIÓN

Neste apartado gustaríame comentar que cando se falou en clase de que o diario de clase contaba, e tamén documentos, pero que tiña que haber un certo equilibrio entre os blogs e os archivos, preocupeime moito; xa que eu había entendido que podíamos facer todo blogs ou todo en archivos e tiña todo en blogs. Asique ese día cando cheguei e empecei a modificar os archivos poñendo o meu nome arriba de todo, e convertendo en archivos os documentos máis grandes. A partires dese día, intentei seguir un equilibrio entre ambas partes para que quedara compensado.

Traballei moi duramente cada semana, aínda que había unhas semanas nas que tiña máis tempo, e tamén máis sorte, posto que atopaba máis cousas ca outras. O feito de ser un traballo continuado, e que requerise de esforzo, motivoume, xa que me considero unha persoa moi responsable e traballadora; aínda que penso que me costa moito máis co resto do mundo.

Unha vez acabadas as clases na facultade, crein que tería máis tempo para dedicarme o portafolios, pero todavía había moitos temas que tiña apuntados para mirar e non tiña tempo de buscar e respostar a todas as preguntas nas que me gustaría profundizar. Asique, intentei avanzar e xa ir empezando coas páxinas, xa que non me entendo moi ben coas novas tecnoloxías, asique fun empezando con calma, para non agobiarme os días antes de ter que entregar o portafolios. Aínda que o principio lle tiña moito pánico e creía que sería máis cómodo organizar todo nun archivo de Word; unha vez fun probando e mirando, deime conta que as páxinas son un gran utensilio e cómodo para organizar o meu traballo a través dos cales accedía directamente os blogs e archivos.

Unha vez fun entendendo como funcionaban as páxinas, pensei que me levaría menos tempo montar o portafolios, xa que tiña claro como ía ir facendo. Pero supúxome moito traballo e tempo, xa que segundo o ía vendo, pensaba que quedaría mellor modificando algo, e pouco a pouco fun modificando todo. Logo co da bibliografía, tamén pasei moito traballo, xa que foi moita a que empreguei, asi como a webgrafía e repasei varias veces para non olvidarme ningunha.

Por todo este traballo considero que a nota que me merezo sería dun 9, xa que aínda que traballei e me esforcei moito, nunca considero que algo esté perfectamente feito.