T3. Terceiro tentáculo: Modelo.

T3. Terceiro tentáculo: Modelo.

Última actualización de en Sandra Seijo Cajaraville

t3Terceiro tentáculo: Modelos de asesoramento.

Despois de investigar e   xa ter mais claro o que agochan os tentáculos anteriores, plantexasenos a seguinte cuestión; ¿ como levar a cabo todo iso?, ¿ De que maneira  debemos desenvolver  a nosa tarefa de asesoramento? Aquí é onde entra en acción este brazo executor.

Este é o brazo  no cal o noso compañeiro agocha os modelos de actuación, as formas  de levar a  practica a teoría, formas de concibir esta labor e desempeñala, ou como dí   Rodríguez Espinar e outros (1993), un modelo  é  “a representación da realidade sobre a que hai que intervir, e que vai a influír nos propósitos, nos métodos e nos axentes de dita intervención”. Este tentáculo agocha este saber, pero non hai un único  modo  de actuar, unha única  forma de concibir a realidade se non que, hai  varias e son múltiples os autores/as e investigadores/as que intentan delimitar e explicar a acción asesora. Hai que ter en conta, que todos estes profesionais que intentada dar un   pouco de luz a nosa  acción,  parten duns posicionamentos concretos que  configuran a súa visión sobre  a praxe asesora, ou establecen uns criterios e se rexen por eles, como por exemplo;

-  J. M. Escudero Muñoz (1996)  mediante o criterio de clasificación a relación que manteñen entre si o orientador e a persoa orientada, diferenciaba tres tipos de modelos: modelo psicométrico, clínico-médico e humanista..

- Carles Monereo (1996) facía unha clasificación en función das fins e ámbitos de intervención, o concepto de ensinanza-aprendizaxe, a relación entre orientador e resto de axente e o enfoque psicolóxico subxacente: modelo asistencial ou remedial, de consello, consultivo e construtivista.

-        Álvarez e Bisquerra (1997) basearon a súa clasificación nos seguintes criterios: teoría subxacente, tipo de intervención e tipo de organización da institución onde se realiza a orientación, distinguindo: modelos teóricos, de intervención e organizativos

 

Deste xeito, e tras este  brazo do  noso amigo o molusco,  podemos atopar estes dous documentos onde quixen recoller algúns  modelos. Por un lado, encontramos o documento denominador “marcos conceptuais; modelos”,  que recolle  algúns exemplos de diferentes modelos que se atopan no  libro “ Calidad de la enseñanza en tiempos de cambio” de Álvaro Marchesi y Elena Martin. Por outra  banda, atopamos o documento  baseado nos modelos, sobretodo de  Nieto, que recolle  e analiza Pilar Iranzo no capitulo “Modelos de asesoramiento; de la intervención a la  colaboración” do libro “Asesoramiento  pedagógico al profesorado”. Con estos dous  anexos,   acercamonos un pouco  mais  a controverseia  e a labor do asesor.


Modelos.Modelos. Iranzo.