3. Os cimentos

3. Os cimentos

Última actualización de en María Buiturón Lapido

Como xa acordamos na introdución, temos a sorte de contar con uns cimentos xa feitos. Unhas estruturas que ao longo do cuadrimestre fomos reforzando e facéndoas máis estables e seguras. Sempre hai que ter en conta que sempre traemos connosco unhas ideas preestablecidas acerca de diversos aspectos, e non podía ser menos, co tema do asesoramento educativo.

  cimentos.jpg

Os nosos cimentos estaban conformados por ditas ideas preestablecidas e polas achegas (en verdade poucas) que nos foron dadas ao longo da época universitaria, tanto na diplomatura en maxisterio como na actual licenciatura en psicopedagoxía,que paulatinamente se irían reforzado ou cambiando cos coñecementos novos que fomos adquirindo, o coñecido como a zona de desenvolvemento potencial (de Vygotsky).

Vineta-200813-Joseba-Morales.jpg

Deste xeito, no seguinte documento farei unha reflexión acerca do que vira anteriormente noutras materias sobre o asesoramento educativo.

Práctica 0. ¿De onde vimos?

Na clase, axudáronnos a consolidar e a modificar as ideas erróneas que tiñamos acerca do tema a través da proposta dunha práctica chamada ¿Que entendemos por asesorar?, que foi resolta polo grupo de traballo que establecemos tres compañeiras e eu (APM: Alguna pregunta més?) e como xa dixen, fíxonos darlle unha volta de torca as nosas crenzas. Polo que no texto deixamos plasmada unha definición propia sobre asesoramento (que despois contrastaríamos coa doutros autores), as tarefas que desenvolven os asesores, os escenarios onde os podemos atopar, etc. Esta práctica podédela revisar no seguinte arquivo.

4.Que entendemos por asesorar.pdf