4. As paredes

4. As paredes

Última actualización de en María Buiturón Lapido

Comezamos entón en dar os seguintes pasos na nosa casa, empezamos a levantar as fachadas a partir dos cimentos ben postos. Este recubrimento exterior vai servir para recoller, gardar e clasificar dentro todas as novas cousas que vaiamos adquirindo, polo que facelo ben fortes, firmes e sen fendeduras vai ser imprescindible para ter a bo recaudo, seguro de derrubamentos e de perdas as nosas pertenzas (xa que os novos coñecementos ímolos acabando facendo nosos).

parede.jpg

 

As nosas paredes van estar feitas a partir de modelos teóricos e de intervención de orientación e de asesoramento pois dentro deles vaise encadrar a praxe que leve a cabo o psicopedagogo para realizar os cambios e melloras educativas. É imprescindible que saibamos que a orientación e o asesoramento son dúas prácticas distintas pero que acaban converxendo, case podemos dicir que o asesoramento son os ladrillos que compoñen a nosa parede (xa que se centra sobre todo en aspectos curriculares); e a orientación, dende a perspectiva do asesoramento, é o cemento que une cada ladrillo (debido a que achega un elemento transversal ás tarefas propias do orientador).

Un texto elaborado polas compoñentes do grupo APM: Alguna pregunta més?, reflicte en bo grao ao que acabo de referir no parágrafo anterior, xa que aparecen recollidas as diferenzas entre uns modelos e outros. Ademais, poñemos de exemplo algunhas clasificacións que ofrecen algúns autores con respecto aos modelos.

MODELOS DE ORIENTACIÓN Y MODELOS DE ASESORAMIENTO.pdf