5. O recibidor

5. O recibidor

Última actualización de en María Buiturón Lapido

Entramos xa na nosa casa. 

entrada.jpg

 

Aínda non está rematada pero dende o recibidor podemos intuír como vai quedar cada cousa e onde vai ir cada
cuarto. É unha cousa semellante a cando nos imaxinamos como poden ser as cousas no futuro, por exemplo coa parella, cos amigos, coa familiar, co traballo… Neste caso, dende o noso recibidor, reflexionamos como vai ser o noso primeiro día como asesores.

Primeiro día como asesora.pdf

 Pero pensámolo, sabendo que podemos ter un acollemento moi bo, con compañeiros dispostos a establecer unha relación de colaboración, no que traballar en equipo vai ser unha tarefa sinxela; pero sabendo tamén que podemos ter un acollemento non tan bo ou incluso indiferente por parte do profesionais que compoñen ao centro, que nos vexan como intrusos ou que non comprendan a nosa función alí, e que polo tanto o noso traballo se faga ao principio un pouco máis difícil pero non irrealizable. Os estudos de casos vannos servir para ver as múltiples realidades ás que estamos expostos e incluso nos poden proporcionar algunha solución ante calquera situación.

 

Estudios de casos.pdf