6. Algúns dos cuartos

6. Algúns dos cuartos

Última actualización de en María Buiturón Lapido

Despois de pensar dende o recibidor como vai ser o noso futuro, comezamos o deseño e construción dos cuartos. Uns van ser un pouco máis grande que outros debido a que o que imos recoller dentro dos pequenos non é moi grande, non obstante, non significa que sexa menos importante un cuarto que outro.

habitación.jpg

 A pesares de que o tamaño vai ser diferente, ímoslle poñer unha temática decorativa semellante: a colaboración entre os diferentes profesionais da institución educativa para o bo funcionamento do centro e o óptimo desenvolvemento do alumnado, sobre todo, para aquel que ten algún tipo de necesidade ou dificultade especial.

colaboracion3.jpg