Lorena Núñez Rodríguez

Se me tibese que describir en poucas palabras creo que as axeitadas serían: versátil, gran solucionadora de problemas e alegre.

3.3 O AZUL: Os modelos

3.3 O AZUL: Os modelos

Última actualización de en Lorena Núñez Rodríguez

Existen numerosos modelos sobre os que fundamentar o noso desenvolvemento profesional. Así atopámonos cos seguintes:

MODELOS

- MODELO CLÍNICO (counseling, modelo de consello, modelo de atención individualizada). As súas características son as seguintes: intervención directa e individualizada, relación de axuda, obxectivo de satisfacer as necesidades de tipo persoal, educativo e socio-profesional, carácter terapéutico. A ferramenta fundamental neste tipo de modelo é a entrevista (estruturada, semiestructurada  ou  aberta). É importante, sinalar que a entrevista se ten que realizar nun clima de confianza e agradable.

Patterson (1998) destaca as seguintes finalidades do counseling.

-          Trata de influír sobre a conduta do cliente

-          Esta dirixido a proporcionar as condicións que faciliten o cambio voluntario

-          Tenta facilitar esas condicións para o cambio de conduta a través da entrevista.

- MODELO DE CONSULTA ou COLABORATIVO: Bisquerra (2006) proceso colaborativo de solución de problemas no cal duas ou máis persoas (consultor e consultante) comprometen os seus esforzos en beneficiar a unha ou máis persoas (clientes) respecto das cales teñen certa responsabilidade, nun contexto de interaccións recíprocas.  Este modelo ten as seguintes características:

-          É un modelo relacional.

-          Potencia a formación e información de profesionais e paraprofesionales.

-          Está baseada na relación simétrica entre persoas e profesionais con status similares o que favorece un trato de igualdade.

-          É unha relación tríadica e de carácter horizontal na que interveñen 3 tipos de axentes: consultor, consultante e cliente.

-          Ten como obxectivo a axuda a un terceiro

-          Afronta a relación desde diversos enfoques: terapéuticos, preventivo e de desenvolvemento.

-          O consultor intervén indirectamente co cliente aínda que tamén o pode facer de forma directa.

-          O consultante actúa como intermediario e mediador entre o consultor e cliente.

 -  MODELO DE PROGRAMAS: Álvarez Vermello (2002) son aquelas actuacións previamente planificadas e sistematizadas, que teñan en conta o contexto, as necesidades, as metas, os obxectivos, as estratexias e materialízanse como unha proposta de equipo, onde o profesional encargado da intervención debe asumir un rol de activador e mediador durante un proceso en constante retroalimentación.  Ten as seguintes características:

-          O modelo de programas ten un carácter sistémico e ecolóxico

-          Os programas desenvólvense en interacción dialéctica co contexto que os xera.

-          Os programas de orientación elabóranse tendo en conta o principio de prevención, desenvolvemento e acción social

-          Se dirixe a todos sen excepción ao longo do ciclo vital

-          Están baseados na análise de necesidades do contexto onde se vai a desenvolver.

-          Os usuarios do programa son considerados como axentes activos e participativos do seu propio proceso.

-          Implica a todos os axentes educativos e socio-comunitarios, xa que son todos axentes de cambio ou de transformación.

-          O orientador é o principal axente da planificación e desenvolvemento do programa.

-          Desde o modelo do programa se operativizan recursos e avógase pola utilización de medios tecnolóxicos para unha eficaz e prospera acción.

Dado que existen nuerosos cuestionamentos sobre se estos modelos (modelo clínico, modelo de consulta e o modelo de programas) son modelos de orientación ou modelos de asesoramento, a continuación expoñemos os modelos de asesoramento que Parrilla (1996) propón.

MODELOS DE ASESORAMENTO

Centrándonos nos modelos de asesoramento, podemos observar que existen diferentes clasificacións e denominacións dos mesmos dependendo dos autores aos que atendamos. En este caso, situámonos na clasificación que propón Parrilla (1996), que analiza os modelos situándoos en un eixe. 

Este autor identifica catro modelos de asesoramento: terapéutico (individuo-experto), individual-colaborativo (individuo-colaborativo), consulta-recursos (experto-escola) e curricular (colaborativo-escola). A continuación describiremos cada modelo máis por menorizado:

O asesoramento terapéutico céntrase en cada individuo e considera que o asesor é un experto que conta cos recursos precisos para resolver os diferentes problemas que cada alumno presente. En este modelo a intervención centraríase en cada suxeito sin ter en consideración o seu entorno mais próximo, nin a escola da cal forma parte.

O asesoramento individual-colaborativo: este modelo, ao igual que sucedía no modelo terapéutico, céntrase no individuo pero  mostra como principal rasgo  diferenciador que se centra no desenvolvemento de programas de intervención nos cales participan diferentes profesionais.

O asesoramento consulta- recursos  supera as concepcións centradas no individuo para ter como centra da súa intervención a escola. Os asesores son expertos que colaboran con outros profesionais co fin de responder ás necesidades que presente o alumnado.   

O asesoramento curricular  parte da premisa de que a cooperación é a base do desenvolvemento profesional e consecuentemente institucional. O asesor traballará para que se produzan as condición axeitadas para que os diversos profesionais desenvolvan prácticas reflexivas así os apoios precisos para que se produza una formación continua que permitan a maior capacitación profesional.

Desta breve exposición sobre os diversos modelos de asesoramento que propón Parrilla (1996), podemos concluír con que posiblemente o modelo polo que se debería apostar dende a administración educativa sería polo do asesoramento curricular.  Ao meu entender este modelo  é o que  atende de forma mais integral a todo o centro educativo, así como o que aposta por dotar de maior autonomía a todos os integrantes do centro.