Lorena Núñez Rodríguez

Se me tibese que describir en poucas palabras creo que as axeitadas serían: versátil, gran solucionadora de problemas e alegre.

4.1 O LARANXA

4.1 O LARANXA

Última actualización de en Lorena Núñez Rodríguez

O ASESORAMENTO NO MEU DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL

Gustaríame facer unha pequena mostra sobre algunha cuestión relacionada co meu traballo. Para isto comparto a seguinte "noticia", publicada na páxina web do Concello de Valga sobre a ponencia que un compañeiro e eu realizamos no Congreso Internacional de Xuventude, celebrado no Concello de Ribeira o pasado 25 e 26 de outubro.

CONGRESO INTERNACIONAL DE XUVENTUDE

Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento

25/10/2013

Xóvenes de Valga, participan no Congreso Internacional de Xuventude, baixo o lema “Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento”, un espazo de encontro no que os mozos e mozas e as iniciativas e proxectos en materia de xuventude van ter todo o protagonismo que merecen.

A temática do Congreso incide na importancia da educación non formal para a adquisición de competencias, aptitudes e destrezas que favorecen, sen dúbida, as posibilidades de empregabilidade das persoas mozas.

Neste proxecto teñen cabida as iniciativas ou experiencias dos concellos, dos mozos e mozas e das entidades que traballan no ámbito da xuventude, constituíndo un espazo que funciona como escaparate para a mocidade, para as entidades xuvenís e para as persoas emprendedoras.

Alén das diversas conferencias, mesas redondas e relatorios programados, o congreso conta con moitas outras actividades no eido da creatividade, o emprego e a participación xuvenil. Hai zona expositiva, paneis de experiencias, showrooms... así como actividades de ocio (actuacións musicais, teatro na rúa, exhibicións de cultura urbana, etc.)

Lorena Núñez e Antonio Magán presentaron esta tarde o Programa: VALGA CO VOLUNTARIADO, dentro do espazo de boas prácticas e relato de experiencias de participación xuvenil

 

 

A participación no congreso así como a posterior publicación da noticia é a parte máis visible dun traballo reflexivo e custoso no noso desempeño profesional. Eu, como educadora social, traballo na creación de numerosos proxectos e programas que posteriormente desenvolvemos; e ao mesmo tempo, realizo un traballo que podemos denominar de "asesoramento" co orientador laboral do concello, dado que este profesional é o encargado de ter un trato directo cos voluntarios.

Por unha parte, proporciónolle información sobre os programas nos que os voluntarios poden participar así como as cualidades fundamentais que estes deben ter, para que as funcións que teñen que desenvolver se correspondan con elas e, ao mesmo tempo, respondan aos seus intereses. Ademais, cando este profesional ten demandas de persoas que desexan colaborar en determinadas actividades ou con determinados colectivos, intento atopar os programas axeitados.

Dunha forma bastante sinxela, considero estamos realizando unha labor de asesoramento entre compañeiros de diferentes ámbitos. Este asesoramento faise fundamental para que, tanto a informacióniona como  que se proporcas propostas de colaboración que se realizan sexan a máis axeitadas a cada persoa.