Alba García Cabaleiro

Intentando escapar desa "Xeración perdida" que o único que quere é facer cousas, e facelas ben.

3. A primeira pola.

3. A primeira pola.

Última actualización de en Alba García Cabaleiro

Unha vez que o talo medra e xa sabemos o que é o asesoramento e cales son os contextos nos que se pode dar, nace na nosa planta a primeira pola. Esta pola fala sobre que é asesorar no ámbito de estudio que nos atinxe: o educativo.

 O asesoramento educativo, como afirma Mar Rodríguez Romero no seu artigo “De la enseñanza al asesoramiento”, é unha práctica emerxente polo que as funcións dos asesores neste ámbito aínda están por definir. Sen embargo si podemos concretar uha serie de rasgos característicos desta tarefa; sinalaremos os expostos no artigo “La confluencia del asesoramiento y la orientación como prácticas de apoyo” da mesma autora.

- É unha interacción bidireccional adicada á axuda.

- É un servizo indirecto que recae sobre o profesional que trata coa “clientela” e non directamente sobre esta.

- Non limita a capacidade de elección e decisión do asesorado.

- Prodúcese entre profesionais do mesmo status, sin diferenzas de posición e poder.

- Os participantes poden ser individuos, grupos ou institucións.

- Trátanse asuntos e problemas procedentes da práctica profesional.

- Trabállase sobre a base de acordos negociados.

- A resolución do problema vai acompañada da capacitación para enfrontarse con éxito a problemas similares.

 

Jesús Domingo acode ás metáforas para definir o asesorameno, concebindo ó asesor como "un equilibrista, un pintor de sueños y realidades, un mediador de conocimiento, un estratega de lo posible pero utópico, un dialogador incansable, una persona que renuncia a ser infalible, oportunista estratégico, atento, transformador sutil de dificultades en oportunidades o posibilidades, una persona que no manipula, cultivador de procesos de reflexión e interrelación profesional".

En definitiva, podemos dicir que a principal tarefa dos asesores é ofrecer a axuda necesaria aos docentes para que por si mesmos tomen as decisións máis axeitadas para mellorar a súa práctica educativa, é dicir, o asesor non soluciona os problemas senón que aconsella, escoita, informa e ofrece alternativas.