Alba García Cabaleiro

Intentando escapar desa "Xeración perdida" que o único que quere é facer cousas, e facelas ben.

3.1 A planta segue medrando

3.1 A planta segue medrando

Última actualización de en Alba García Cabaleiro

A realidade complexa do asesoramento educativo

Ao igual que dependendo do entorno en que a planta se semente esta medrará forte e sá ou non dará froitos, no asesoramento educativo tamén debe terse en conta o contexto á hora de asesorar.

 Para levar a cabo de forma axeitada esta labro é imprescindible que o asesor educativo coñeza as características do centro no que se vai desenvolver a súa tarefa, así como as dos profesionais que forma parte do mesmo. Ademais, tamén debe percibir os cambios que se dan na sociedade adaptándose a eles e axudando aos docentes a que tamén o fagan.

É desta forma que xorde a primeira pola secundaria, aquela que nos fala da importancia de ter en conta o contexto á hora de asesorar.

 

Realidade social

É necesario coñecer o entorno no que está plantada a nosa planta e, do mesmo xeito, o asesor ou axente educativo debe reflexionar sobe a realidade na que se atopa, e máis nestes momentos debida á nova lexislació, a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), que pon no punto de mira aos centros e á educación pública. Pero, ¿que é o que pretende esta nova lexislación? ¿Que é o que recolle pra despertar tantas inquedanzas?

 Esta lei promove, entre outros aspectos, a idea dun temario máis común para todas as CCAA e maior peso para as materias clásicas; a existencia, ademais das probas propias para cada curso, de probas externas que deberán levar a cabo os alumnos de 3º e 6º de Primaria, 3º e 4º de ESO e 2º de Bacharelato; a supresión da Educación para a Cidadanía e a posibilidade de que os centros que segregan por sexos ao alumnado segan recibindo axudas do Estado.

 Todo isto supón un duro golpe para os axentes educativos xa que se pasa a mercantilizar aínda máis o sistema educativo, promovendo maiores cotas de privatización da educación. Ademais, dirixe as culpas do fracaso escolar ao sistema e os seus docentes creando desconfianza nestes profesionais e realizando probas externas que miden únicamente os resultados (o único importante para esta lexislación), deixando a un lado os procesos de ensinanza-aprendizaxe que se levan a cabo.

 Esta incertidumbre crea nerviosismo e malestar entre o profesorado, como veremos máis adiante, e aquí é onde debe actuar o asesor, como figura de apoio para que estes profesionais non se den por vencidos e loiten polo que verdadeiramente é importante, a educación inclusiva e integradora do alumnado.

 Para rematar gustaríame formular unha cuestión: ¿non sería precisa a existencia dun debate nacional que permita a reconstrución do sistema educatívo baseándose nun acordo social en vez de crear unha lei non consensuada que evita o diálogo cos axentes educativos e o resto de partidos políticos?

 

O centro educativo

Ademais de observar e coñecer o entorno, á hora de plantar é moi importante coñecer as propiedades da terra que vamos empregar (o centro educativo), profundizando un pouco máis e observando que é o que ocorre no seu interior. Como sabemos, ó centro está formado por unha serie de profesionais cunhas caraterísticas e experiencias propias, que teñen formas diferentes de entender a educació. Ademais, cada escola posúe a súa propia cultura e capacidade de aprendizaxe e mellora polo que non sería lóxico tratalas de igual forma, como institucións descontextualizadas e sen historia.

 Polo tanto, é necesario que o asesor ao chegar á nova institución investigue sobre a súa historia e cultura de asesoramento e coñeza aos profesionais que nela traballan, así como as súas características e necesidades. Do mesmo xeito debe presentarse como un compañeiro que traballa xunto co resto de axentes educativos, para que non o perciban como un intruso e consiga así chegar e quedarse, adaptándose á realidade do centro e formando parte da mesma.

 Ademias resulta imprescindible que, unha vez conseguido o anterior, o asesor actúe como un “colega crítico”, un apoio para o resto de profesionais que serán os principais protagonistas do proceso de mellora. Así, os cambios que se promovan comezarán no interior do centro favorecendo unha reflexión crítica dos docentes e chegando a un consenso comunitario sobre os aspectos a mellorar.

 Deste xeito os centros pasarán a converterse en auténticas comunidades de aprendizaxe, é dicir, en“una comunidad humana organizada que construye y se involucra en un proyecto educativo y cultural propio, para educarse a sí misma, a sus niños, jóvenes y adultos, en el marco de un esfuerzo endógeno, cooperativo y solidario, basado en un diagnóstico no sólo de sus carencias sino, sobre todo, de sus fortalezas para superar tales debilidades.” (Rosa María Torres, 2001), logrando así unha continuidade no proceso de cambio, xa que a institución desenvolve autonomía para responder noutras ocasións de forma similar.