Alba García Cabaleiro

Intentando escapar desa "Xeración perdida" que o único que quere é facer cousas, e facelas ben.

3.2 Perfil profesional do asesor: a segunda pola.

A segunda das ramas que xorde da principal, o asesoramento educativo, fai referencia ás funcións do asesor. Podemos atopar gran diversidade de clasificacións pero eu quero destacar a de Jesús Domingo, partindo da súa propia concepción de asesoramento anteriormente citada. Segundo este autor, as competencias do asesor son: coordinación, supervisión e dinamización de equipos; organización e planificación do seu propio traballo e do dos demais; omunicación para argumentar propostas a outros profesionais; análise, valoración e diagnóstico obxectivo; negociación e consenso; relación para crear canles e redes internas e externas; adaptación a diferentes situacións; previsión e anticipación; reacción ante situacións conflictivas, novedosas e imprevistas; supervisar e controlar o cumplimento dos requerimentos establecidos e a adaptación de innovacións relativas ao seu entorno profesional.

 Sen embargo, definir o perfil profesional como asesor non é unha tarefa sinxela xa que, como existe gran diversidade de funcións, con estas clasificacións non se ofrece máis que unha visión ampla e pouco estruturada deste posto de traballo.

 

O asesor e a atención á diversidade

 Despois de investigar un pouco neste aspecto a pola segue medrando, centrándonos agora en un dos aspectos máis importantes e especializados da orientacion educativa e, por tanto, do asesoramento: a atención á diversidade.

 Esto é así dado que o asesor colabora cos docentes na organización da atención á diversidade e é o encargado de detectar e prestar atención individualizada ao alumno para favorecer o seu desenvolvemento e integración.

 Este traballa da man do profesorado neste tipo de prácticas, é dicir, trátase dunha acción conxunta na que primeiro ofrece ideas sobre cales son os cambios que se deben levar a cabo, apoiándose en todo momento na lexislación vixente e tendo en conta a realidade na que se atopa.

 A continuación ambos toman as decisións pertinentes, sempre tendo presente o fin último desta práctica que é conseguir as mellores condicións posibles para que cada alumno reciba a atención necesaria e así lograr favorecer o seu desenvolvemento integral.

 Este feito fai que me cuestione unha serie de aspectos en relación á tarefa que leva a cabo o orientador na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: a detección e o seguimento individualizado que fai este profesional a este alumnado co fin de desenvolver a integración, ¿non fomenta aínda máis os mecanismos de segregacion e discriminación dos que pretende fuxir? Pode que o que se deba facer é intentar crear e fomentar en tódolos membros da comunidade educativa do centro a idea de que a diversidade nos enriquece a todos e nos da a oportunidade de aprender cousas novas. Ademais, sempre que sexa posible, o profesor debe ser o que leve a cabo esta tarefa dentro da aula ordinaria contando co apoio e axuda do asesor.