Alba García Cabaleiro

Intentando escapar desa "Xeración perdida" que o único que quere é facer cousas, e facelas ben.

3.3 Os modelos: como plantar.

3.3 Os modelos: como plantar.

Última actualización de en Alba García Cabaleiro

A nosa planta medra día a día e nela van xurdindo polas que dan lugar a novos aprendizaxes. Neste caso vamos tratar o tema dos modelos de orientación e modelos de asesoramento xa que, ao igual que o agricultor segue unhas instrucións á hora de plantar, o asesor apoia a súa práctica nunha serie de modelos.

 Todo profesional ten detrás un modelo, sexe implícito ou explícito, que expón as ideas que gobernan a súa acción. No mundo do asesoramento isto non é diferente, é dicir, o asesor conta non con un único enfoque teórico, senón con unha gran diversidade de modelos que lle permiten levar a cabo diferentes accións, podendo adaptarse ao contexto no que se atope.

 Outro aspecto a ter en conta é que os modelos non son puros nin asépticos senón que contan cunha carga de valor, é dicir, o asesor empregará uns ou outros modelos dependendo da idea que teña de asesoramento.

 Por último debemos destacar que existen tanto modelos de orientación como de asesoramento, pois ambas son prácticas diferentes, pero tamén existen modelos de orientación que beben do asesoramento e viceversa.

 En relación con esto, podemos relacionar as diversas formas de asesoramiento cos tres grandes enfoques teóricos:

 - Enfoque clínico: centrado nun alumno problemántico que o docente, sin examinar o problema, deriva ao orientador para que actúe de forma directa con el co fin de solucionar o dito problema.

- Enfoque psicopedagóxico (modelo de consulta triádica): neste caso, o asesor presta apoio ao docente para que este poida actuar de forma autónoma co alumno.

- Enfoque sociopsicopedagóxico: amplíase o contexto de actuación do asesoramento, neste caso o asesor axuda ao profesor e asesórao ante unha dificultade co suxeito para que sexa el quen actúe co alumno; o asesor tamén pode actuar directamente co docente traballando de forma colaborativa co resto da comunidade educativa.

 Sen embargo, debemos dar un paso máis chegando así a un traballo en rede no que o asesor colabore e coopere con outros profesionais, tanto internos como externos ao centro educativo. Actúa desta maneira como pegamento, favorecendo as boas relacións entre os membros da comunidade educativa, e como vitamina, animando e enriquecendo aos demais profesionais nos procesos de innovación e mellora postos en marcha.