Alba García Cabaleiro

Intentando escapar desa "Xeración perdida" que o único que quere é facer cousas, e facelas ben.

3.4 Asesoramento e orientación: dúas polas diferentes pero unidas.

      O asesoramento e a orientación son dúas prácticas emparentadas na súa meta máis valiosa: apoio ao sistema educativo. Ambas xurdiron co fin de axudar, mellorar ou soster as accións relacionadas coa ensinanza e a aprendizaxe.


Sen embargo tamén mostran características propias que as diferencian entre si: a orientación nas súas orixes aparece ligada, nun primeiro lugar, ao termo “guidance” facendo referencia a aspectos unicamente profesionais e, posteriormente, ao concepto “couseling” que amplía o punto de vista incluíndo o ámbito académico e persoal do individuo.


Esta práctica lévase a cabo establecendo unha relación directa entre o orientador e o alumnado, existindo unha intervención xerárquica na que o estudante se atopa nunha situación de desvantaxe ao ser o orientador o que posúe os coñecementos e resolve o problema que o estudiante formula.


O asesoramento, pola súa parte, ten as súas orixes nos conceptos “support” e “adviser” que fan referencia ás tarefas de apoio e axuda que caraterizan esta práctica. Este proceso está comprometido con aspectos curriculares, aqueles que teñen que ver coa definición de propósitos do centro, estilos de ensinanza, o currículum oculto, as prácticas de avaliación, as regras e as virtudes das rutinas da aula e do centro, organizativos e de desenvolvemento profesional; é dicir, o punto de mira do asesoramento é o currículum.


 As discrepancias principais entre ambos son que, mentras que a orientación trata directamente cos estudantes e non cos docentes (que quedan relegados a un segundo plano), o asesoramento é un servizo indirecto pois a relación establécese cos profesores ou outros membros da comunidade educativa e non cos propios alumnos, o que implica que a interacción sexa bidireccional e horizontal, pois o asesor adícase a tratar con profesionais con un poder similar co fin de capacitalos para que por si sós poidan facer fronte á situación “empowerment”. 


Para rematar debemos destacar que todos estes aspectos caracterizan as dúas prácticas, sen embargo non podemos afirmar que sexan procesos totalmente diferenciados posto que na actualidade “a orientación está enlazada co asesoramento e viceversa”, é dicir, ambas prácticas beben unha da outra, son polas da mesma planta.



 

O currículum

 

Do mesmo xeito que a auga é necesaria para regar a planta e que medre, o currículum é o principal instrumento no que se basea o asesor para levar a cabo a súa práctica diaria.

 

O asesoramento curricular, como afirma Moreno Olmedilla, pode definirse como“el proceso de ayuda y apoyo a la reconstrucción del currículum realizado por los centros educativos. Todos los apoyos, tanto internos como externos a los centros, que se dirigen a la elaboración y puesta en práctica de proyectos curriculares, estarían en el ámbito del asesoramiento”; afirmando deste modo que o punto de mira do asesoramento debe ser o currículum, pero ¿a que nos referimos cando falamos de currículum? e ¿que coñecementos posúimos sobre o mesmo?

 

O currículum, seguindo a definición de Zabalza é “el conjunto de los supuestos de partida, de las metas que se desea lograr y los pasos que se dan para alcanzarlas; el conjunto de conocimientos, habilidades, actitudes, etc. que se considera importante trabajar en la escuela año tras año”.

 

Para a maioría de nós este concepto non é descoñecido pero agora debemos profundizar na súa influencia na nosa labor como futuros asesores.

 

 En primeiro lugar, debemos destacar que ademais do currículum oficial, aquel que está manifesto e explícito no meso deseño curricular, existen tamén outros dous tipos:

 

- Currículum oculto: que se atopa implícito nos valores, actitudes e normas que se manifestan no interior dos centros educativos. Trátase do produto das interacións entre os distintos membros da comunidade educativa e os contidos culturais que se trasmiten.

 

- Currículum nulo: fai referencia a aqueles procesos qeu a escola deixa de lado e a aqueles elementos que quedan fóra do currículum explícito por considerarse pouco importantes para o país, o centro ou o docente.

 

 Do mesmo xeito, para trazar o nóso papel como asesores debemos ter en conta, ademais, que, dende a lexislación ata as aulas, podemos diferenciar tres pasos no camiño, tres niveis de Concreción Curricular:

 

- O primeiro fai referencia ao Deseño Curricular Base (DCB), documento de carácter prescriptivo elaborado polo MEC que sinal as intencións educativas, orientacións, metodoloxía, etc., formulando de forma xeral os diferentes elementos curriculares.

 

- O segundo nivel corresponde á elaboración do Proxecto Educativo por parte do centro, que debe adecuar as liñas de acción do DCB ás súas características e contexto particulares. Este proxecto elabórao e apróbao o claustro e serve como eixo vertebradore referencia da vida no centro. É neste nivel no que deben comezar as nosas actuacións, creando comunidade educativa entre os membros, tanto docentes como alumnado e familias, identificando os posibles problemas ou necesidades que existan, desenvolvendo unha proposta curricular flexible que poidamos ir modificando e mellorando entre todos en función da evolución que vaia tomando.

 

- Por último, un terceiro nivel, a programación de aula, elaborada polo profesorado que imparte docencia no centro, tomando como marco de referencia o Proxecto educativo. Nestas programacións os docentes adaptan os obxectivos e contidos establecidos no Proxecto Educativo á realidade das súas aulas, ao seu propio alumnado. Neste último niel, como asesores temos un papel importante, o de guiar ao profesorado na elaboración destas programacións, axudándo ante calquera problema que poida chegar a xurdir.

 

En definitiva, como vimos, o currículum é unha ferramenta imprescindible na nosa mochila do asesoramento, pero ¿esto quere dicir que todos os asesores debamos ser especialistas no ámbito curricular? Este debe ser o noso reto pois todos nós somos especialistas en diferentes aspectos, o importante é ter presente en que somos especialistas e, polo tanto, en que podemos prestar apoio.