Alba García Cabaleiro

Intentando escapar desa "Xeración perdida" que o único que quere é facer cousas, e facelas ben.

5. O benestar da planta

5. O benestar da planta

Última actualización de en Alba García Cabaleiro

Para que a nosa planta medre sá é necesario ofrecerlle unha serie de coidados xa que existen factores internos e externos que poden afectar ao seu desenvolvemento.

 Un destes factores pode ser, por exemplo, o malestar docente, tema a plena orde do día debido aos tempos de crise e recortes para a educación.

Entre as causas de malestar podemos citar as continuas reformas educativas que cada vez requiren cousas diferentes ao profesorado, o desprestixio social ao que está sometido este ao culpalo de todos os males do sistema educativo, o pouco traballo colaborativo existente entre os docentes, a incertidumbre e frustración ao non ver os resultados e sentirse impotentes con tanto alumnado na aula, etc.

Sen embargo, a pesar de existir estas ideas sobre o malestar, podemos fala tamén de boas razóns para rebatelas como, por exemplo, o compromiso, responsabilidade e profesionalidade que esixe a tarefa docente; a motivación persoal que esta implica ao saber que estás educando aos adultos do futuro e que podes chegar a ser motor do cambio social; a axuda e o apoio por parte do orientador coa que conta o profesorado nos centros; os retos aos que se debe enfrontar dia a día, que constitúen o motor da súa tarefa; e a existencia das novas tecnoloxías que facilitan a labor docente e permiten o intercambio de experiencias con outros profesionais.

Como acabamos de ver, o profesorado é un colectivo diana para o “burnout” ou malestar docente, por iso o asesor debe actuar como dinamizador, traballando xunto ao resto de profesionais do centro, co fin de previr e remediar esta situación.

 En definitiva, debemos intentar que a nosa planta do asesoramento sexa potenciadora de benestar ao resto de plantas que nos rodean, neutralizando os efectos negativos que poidan darse e conseguindo deste xeito acadar o obxectivo final ante esta problemática, conseguir un xardín resiliente no que todas as planas que o conforman sexan capaces de afrontar a adversidade, os retos e o estrés.