Alba García Cabaleiro

Intentando escapar desa "Xeración perdida" que o único que quere é facer cousas, e facelas ben.

6.As raíces

6.As raíces

Última actualización de en Alba García Cabaleiro

Chegamos ao final do camiño, a planta medrou e deu os seus froitos, froitos que se converteron neste portafolios que recolle os diferentes coñecementos que fun adquirindo ao largo deste tempo.

Si boto a vista atrás poido recordar aínda o día en que a semente do asesoramento chegou ás miñas mans, o día que comezamos esta aventura nun mundo descoñecido para a maioría de nós.

Ao principio, ao igual que a planta recén plantada que necesita unha estaca, unha guía que lle axudase a medrar, nós tamén nos encontrábamos perdidos, desorientados ante esta nova aventura, pero pouco a pouco fomos avanzando e continuamos o noso camiño de forma autónoma e independente.

Ao largo do camiño fomos vendo a planta medraba, ao principio só o facía o talo pero pouco despois e grazas ao traballo colaborativo que levamos a cabo entre todos, foron xurdindo as primeiras polas, que deron forma á nosa planta e que definiron mellor o concepto de asesoramento. Cabe destacar que sen esas ramas a nosa planta estaría practicamente núa e non tería sentido.

Tamén teño que dicir que houbo momentos en que a plan perdeu algunha pola, momentos en que precisou maiores coidados para seguir medrando pero, con bastante esforzo e traballo, conseguiu superar os obstáculos.

Pero aquí non se acaba a vida da nosa planta, seguirá medrando e nacerán novas polas, as raíces faranse máis profundas e, incluso, pode que algún día se vexan os primeiros froitos. Esto dependerá de cada un e de cómo levemos a cabo o asesoramento para que sexa unha labor recoñecida e valorada en educación.