()
Sobre mi
BOAS!!
Que dicir sobre nos mesmas... son unha persoa moi dispersa pero cunha gran sensibilidade social, con isto quero dicir que me interesa moito ser un axente activo desta sociedade e por o meu pequeno gran de arena para que avance do millor xeito posible.
Boas Alba, despois la lectura do teu blogue, a cal me pareceu interesante e chea de reflexión e como resposta as túas cuestións, gustaríame facer a miña pequena aportación.
No que a educación a distancia respecta, quero destacar o importante cambio e evolución, que neste caso, a "UNED" como ti plantexas sufriu. Eu, fun estudante desta Universidade durante un periódo de dous anos fai 7 anos, e decir que a realidade que se vive agora non se asemella nada co que eu vivín. Tratábase dunha aprendizaxe totalmente autónoma dirixada a persoas principalmente con carreiras ou que traballan, donde podían acudir a unha titoría semanal a resolver dúbidas. O traballo tiña que ser diaro e a través de libros cunha letra minúscula e apenas sin imaxes que fixen máis representativa a aprendizaxe. Para mín, ese non era un bo método para aprender, e menos dirixido a unha persoa que acababa de rematar o instituto.
A día de hora, polo que me teñen contado avanzou bastante, en vista de como se plantexa na actualidade, non considero esta ensinanza nin peor nin mellor, senón diferente e quizáis con maior carga de traballo da que nos supoñemos.
Por outro lado, na miña opinión, non creo que sexa necesario un contacto cara a cara cos docentes para sentir que aprendemos, pero si creo que é necesario algún tipo de contacto, xa que unha explicación do docente, xa sexa vía online ou presencial vai ser de gran axuda a hora da comprensión da materia e para facilitar o estudo e aprendizaxe da mesma.
Saúdos!