Irene Agrelo Janza

Hoxe fun secuestrada polo festival das Letras Galegas no meu cole. Espero o resumo da clase para poñereme ao día. ^.^

()

Descripción corta: Quen quere atopa xeitos, e quen non excusas.
Móvil:
Sitio Web: http://
Usuario de Twitter:

Sobre mi

Nacín en Caldas de Reis, unha vila pequena, da provincia de Pontevedra, famosa como case todo en Galicia pola gastronomía e as augas termais. Na cidade de Pontevedra levei a cabo boa parte dos meus estudios, ate que comecei Psicopedagoxía, cando establecín o meu fogar nesta fermosa cidade de Santiago. Son unha moza curiosa. Movida por esta curiosidade embarqueime en moitas aventuras diferentes.

Estudiei para ser técnico de laborio, pero ao rematar os estudos e ante ausencia de traballo nese campo decidín adicarme á minha outra vocación.

 Estudiei maxisterio de Educación Primaria, sendo maior en idade que os meus companheiros, pero tardei moi pouco en decatarme de que esa era unha diferencia absurda, tendo en conta os grandes amigos que alí fixen e que ainda conservo. Outra cousa eran os contidos. Deficientes algúns,aceptables outros, sobresalientes os menos, pero pouco prácticos en xeral. Rematei maxisterio coa sensación de que se me ponhían ante unha clase choraría de impotencia.

Ao mesmo tempo rematei inglés e aprendín algo de alemán na escola de idiomas, cousa que por aquel entón foi un capricho extranho a ollos de cantos me conhecían e hoxe en día é o meu medio de subsistencia.

Debido as minhas deficiencias autoobservadas no campo da docencia, decidín matricularme en Psicopedagoxía, para tratar de encher os ocos, outro capricho absurdo para os demais e crucial para min.

Non quixen entrar na docencia, dado que lle tinha pánico, e inda que participei nalgunha oposición nunca acadei un posto de traballo porque nunca o preparei en condicións.

Cando levaba un ano en Psicopedagoxía, feliz no meu papel de estudiante perpetua, o destino quixo algo que eu non me esperaba. Recibín unha chamada do cole. O meu cole. O cole no que fun alumna e no que agora son mestra. Tinhan unha urxencia, precisaban unha profe de inglés e pensaron en min. ¡Que marabilla! Pero... eu son profe de Primaria.... e tenho o título da Escola de Idiomas, mais que suficiente para dar clase en Primaria. Vaites, quizais calquera outro posto, en calquera outro cole, nunca tería contestado cun si. Pero aquí si, era a minha casa.

Non chorei de impotencia. O meu primeiro día estaba nerviosa, alterada, os nenos pensaban "¿e esta é a profe de inglés? non ten pinta de saber nada" ou iso era o que eu creía que pensaban. En realidade estaban tan nerviosos coma min. Pero iso tadei moito en sabelo. Súpeno mais ou menos cando descubrin que o que de verdade te prepara para darlle a unha clase o mellor de ti non son os libros, nin os estudios mais elevados... e a experiencia. Aprender con eles. Loitar con eles. Chorar, rir, xogar. Escoitar, moito, moitísimo. E sobretodo  non rendirte xamais.

A minha inorporación ao cole, unido a outros problemas persoais, ralentizou profundamente os meus estudos. Este é o meu terceiro ano de quinto. Cun pouco de sorte será tamén o ultimo. A última asignatura, do último cuatrimestre, de probablemente a minha última carreira. Espero que todos me acompanhedes con ilusión, aprendendo conmigo, e ensinandome un mundo novo. Despois de todo, xa o di o refrán: "Os últimos serán os primeiros"

Actividad

Nube de etiquetas

Tablón de mensajes

Ver todo

Blogs

Más entradas

Páginas

  • O baúl dos recordos

    Última actualización de en Irene Agrelo Janza
    Resúltame moi complexo abordar este punto do meu traballo nesta asignatura. Falando con e vendo o traballo de compañeiros deste e doutros anos observo que hai interpretacións moi diversas do que temos que facer. Ao meu parecer,...
Más páginas