María Martinez Alvarez

"Los objetivos básicos de la educación deben ser aprender a aprender, aprender a resolver, aprender a ser". UNESCO

()

Descripción corta: O éxito non se logra so con cualidades especiais. É sobre todo un traballo de constancia, de método e de organización.(J.P. Sergent )
Habilidades:
Email de contacto:
Teléfono:
Móvil:
Sitio Web: http://
Usuario de Twitter:

Sobre mi

Nacín na Rúa de Valdeorras, na provincia de Ourense. Son mestra de educación infantil, e na actualidade traballo como tal nun centro educativo preto de Santiago. Cursei os meus estudos primarios e secundarios na miña vila, pero cando os rematei, chegou o momento de marchar da casa de meus pais para comezar unha nova experiencia: vivir soa, estudar na universidade, facer novas amizades... Na cidade de Ourense estudei maxisterio, na especialidade de educación infantil e unha vez rematada a carreira, surxiron as dúbidas sobre que facer despois, opositar, continuar estudando, buscar traballo... Foi entón cando decidín comezar a preparar a oposición e matricularme tamén nalgunhas materias de psicopedagoxía, para completar a miña formación, que naquel momento consideraba bastante escasa. Foron tres anos moi duros, de moitas horas e días de estudo, ata que no terceiro intento, aprobei todos os exames da oposición (cousa que xa ocorrera en anos anteriores) e esta vez si conseguín unha praza de mestra da miña especialidade. Todo o esforzo anterior, que foi moito, mereceu a pena xa que o meu traballo é iso, un traballo, pero tamén me permite disfrutar e realizarme no seu desempeño. Viñeron despois varios destinos distintos, o que me impediu continuar en certos periodos de tempo cos meus estudos de psicopedagoxía, e agora, cando me quedan 7 materias para rematar a carreira, decidín matricularme e, facendo un gran esforzo, rematar os meus estudios. E este é o proceso no me atopo na actualidade.

Actividad

Nube de etiquetas

Tablón de mensajes

  • Lourdes Montero

    Persistir no empeño, non arrugarse ante as dificultades e as aparentes derrotas e, na miña opinión, unha magnífica actitude. Quen a desesenvolve merece ter moita sorte.
    Enhoraboa e ánimo para manter a constancia nas túas metas.
    Saúdos
    Lourdes

Ver todo

Blogs

Más entradas

Páginas

Más páginas