Laura Vazquez Lopez

Descripción corta: destaco pola miña empatía, alegría , extroversión, responsabilidade, organización e sobre todo pola miña falta de tímidez
Ubicación:
Email de contacto:
Sitio Web: http://
Usuario de Twitter: Lauriita_oe

Sobre mi

Ola!Chámome Laura Vázquez López, teño 22 anos e son natural de Chantada, do corazón de Galicia. Son maestra de inglés, monitora de tempo libre e actualmente estudo Psicopedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela. Recoñezo que esta última titulación fíxena máis por desexo de miña nai que por meu propio, xa que eu desexaba facer Educación Social.

Cando empecei a miña formación superior no eido educativo estaba segura de que o meu lugar era entre nenos nunha escola pública, xa que estudei nunha escola e instituto público e confio neste tipo de institución, pero tras o meu paso por Psicopedagoxía dinme conta que realmente, nun futuro, quero traballar noutro tipo de institución moi diferente, nunha cárcere. Para sorpresa de todos, sí gustaríame traballar con persoas que están privadas de liberdade ocupando o seu tempo alí como profesora ou como psicopedagoga. Desta maneira, combino a miña formación como mestra e psicopedagoxía coma miña ilusión por ser educadora social. 

Para rematar quero resaltar que na vida hai que loitar polo que realmente se desexa, sea unha cousa efímera ou o gran soño da túa vida, porque se ti non loitas polos teus desexos ninguén vai loitar. Ti constrúes a tua vida e ti tes a decisión de elixir o teu camiño, non deixes que ninguén marque o teu camiño, loita por el. 

Actividad

Miembros del grupo

Más grupos

Blogs

Más entradas

Páginas

Más páginas