Miriam Otero Suárez

Descripción corta:
Teléfono:
Sitio Web: http://
Usuario de Twitter:

Sobre mi

Chámome Miriam Otero Suárez, son técnica e mestra en Educación Infantil, e non disposta a abandoar a miña formación no ámbito educativo, actualmente estou cursando 5º de psicopedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela.

Toda a miña vida tiven claro que quería traballar directamente coas persoas, e como podedes observar, os meus intereses e habilidades fan moita mención ó ámbito social. É por isto, que antes de facer o ciclo superior de Educación Infantil en A Coruña, tiven en mente facer psicoloxía, pedagoxía ou maxisterio. Optei por empezar dende abaixo e ir aumentando en nivel, coñecementos e entusiasmo. Foi así que, dende a nota do ciclo superior puiden acceder a maxisterio, e coa nota de maxisterio a psicopedagoxía, onde me encontro actualmente. É curioso, xa que agora que o penso, acabei facendo un pouco todo o que tiña pensado naquel entonces. Fun completando os meus coñecementos e dándolle sentido á miña carreira profesional pouco a pouco e case sen darme de conta, conducíndoa por onde sempre quixen.

Teño claro que nun futuro (espero que cercano) quero exercer como mestra. É unha profesión que me entusiasma e faime feliz estar rodeada de pequenos que están tan ou máis entusiasmados ca min. En este sentido, a labor como psicopedagoga tómoa como un complemento que me servirá para a miña labor como mestra, aínda que sei, que de non poder exercer como tal, a psicopedagoxía abrirame moitas portas a outros ámbitos da educación, sexa na dimensión que sexa; e isto é algo que tampouco me desgusta, se non, non estaría agora mesmo onde estou.

En canto á miña vida máis persoal, son unha persoa moi activa. Non me gusta estar parada nin os días desaproveitados, e aínda que me encanta durmir, sempre intento levantarme pronto e empezar o día con enerxía (no ximnasio ou facendo outro tipo de actividades). As persoas que me coñecen, saben que si me propoñen algún plan, é moi difícil que diga que non. Desfruto da vida e aprendo a vivila tal e como ven, intentando facelo sempre nas mellores das compañías.

Tablón de mensajes

Páginas

No se han creado páginas aún

Blogs

Más entradas