Evolución das TICS na Educación

Como complemento a imaxe anteriormente subida, encontrei un vídeo que resume un pouco o papel que as Tics foron adoptando na educación. Tamén empreguei o enlace situado abaixo para coñecer dende outro punto de vista algo máis do que as Tics nos poden ofrecer. 

Como xa comentei na entrada da imaxe, coido que as novas tecnoloxías son importantes para favorecer a aprendizaxe ou o coñecemento de certos lugares e espazos que por situacións demográficas se encontran afastados das nosas fronteiras. O seu uso nas aulas tamén e favorecedor dunha maior interactividade e dinamismo entre profesores e alumnos, polo que a súa incorporación ás aulas paréceme un avance importante nos procesos de ensino-aprendizaxe. Todo esto sen olvidarnos da importancia de complementar o uso destes recursos cos soportes materiais tradicionais. Sen embargo, coido que a utilización que os mozos e mozas lle damos ás novas tecnoloxías no contexto non formal é diferente ao entorno formal. Dedicamos cantidade de horas a navegar pola Internet e estar conectados mediante a rede, en vez de manter un maior contacto físico cos nosos amigos e familiares. Penso que para o uso das Tics, sería importante adquirir unha serie de competencias que nos permitisen un uso adecuado e responsables das mesmas. Falaríamos entón das alfabetizacións múltiples, aspecto sobre o que traballamos na última sesión expositiva. 

Fontes:

https://mastereducacionulejcgf.files.wordpress.com/2011/01/evolucic3b3n-de-las-nuevas-tics-en-educacic3b3n.pdf