Vida online/ Vida offline

Comparto con vós esta curtametraxe xa que me pareceu unha moi boa maneira de exemplificar de maneira visual o que publiquei na miña anterior entrada "Redes sociales, creando personas antisociales".

Esta curtametraxe foi escrita, dirixida e realizada por Gary Turk o seu nome é "Look up" (Levanta a vista). Nela faise unha crítica da obsesión da sociedade actual polas redes sociais e os efectos que estas teñen en nós. Botádelle un vistazo, espero que vos guste e que como a min vos fago reflexionar un pouco sobre o noso vicio de manternos conectados en todo momento.