Copyright e Copyleft enfrontados

Navegando pola rede atopei este vídeo no que se fai unha comparativa e tamén unha pequena explicación sobre que é o Copyright e o Copyleft. Logo de ter definido estes termos na entrado ao blog "Licencias dixitais esas gran descoñecidas" dispóñeme a realizar unha pequena reflexión logo de ter visto este vídeo.

A principal pregunta que ven a miña cabeza unha e outra vez é a obsesión que teñen os medios de comunicación como son os telediario, a radio ou a prensa de facernos crer que o Copyright e absolutamente necesario e como din neste vídeo: "Si copias un disco, un libro, una película...de qué viven los autores?"  Creo que esta frase resume á perfección o absoluto descoñecemento da sociedade sobre as licencias de Copyright e Copyleft, moi poucas persoas poderían nomear algún vantaxe ou desvantaxe de cada unha delas. Sen embargo cando se lles pregunta só polo que escoitan na televisión, na radio ou ven na prensa consideran que hai que protexer aos autores, que é preciso o Copyright.

Na miña opinión, e como futura pedagoga creo que non se lle pode por barreiras ao coñecemento xa que isto atentaría tanto contra a evolución intelectual.