Non somos Suiza

A día de hoxe ningún de nós pode dicir cousas como “dáme igual” ou “non teño unha opinión sobre iso”.

Para empezar a indiferenza paréceme totalmente imposible nos días que corren, pode ser que un non queira compartir a súa opinión ou que non teña a suficiente información como para ter unha o suficientemente fundamentada; non obstante, somos constantes receptores de información diversa. Este é o meu segundo punto. A tecnoloxía está totalmente introducida nas nosas rutinas, está totalmente normalizada e asumida polo que recibimos información de todo tipo: ben sexa de maneira consciente e con vontade propia, de maneira involuntaria e incluso dunha forma subliminal.

Os medios non son totalmente transparentes e todo ten un fondo. Este contido que en maior ou menor medida se tocou nas poucas clases que levamos dadas veu a min, á miña mente, ao ler unha noticia que esclarecía os movementos da política venezolana de forma discreta a través de máis de mil contas de Twitter. Todo isto levouse a cabo a través de “bots”, os cales definen como unha conta que usa automatización do software para levar a cabo accións que teñan que ver coa súa actividade online. Merczer defíneo de forma máis sinxela incluso e explica que aínda que o contido sexa creado por un ser humano, publícase ao mesmo tempo en moitas contas diferentes para que nos como lectores teñamos a impresión de que moita xente escribe o mesmo.

Polo tanto, eu pregúntovos a vós, que me estades lendo, sodes (e somos) totalmente conscientes do que lemos e como iso nos modifica? Sabedes ata que punto somos seres maleábeis?

Pode ser que ese adxectivo que nos identifica como seres influenciábeis sexa tamén por unha estendida “vagancia” á comprobación de datos e á unha falta de adestramento na competencia que temos como seres humanos nunha era tecnolóxica para clasificar e información coa que, día a día, somos bombardeados.

Isto significaría unha carencia no que poderíamos determinar como a educación tecnolóxica a cal se xustifica na actualidade por factores sociais, económicos e políticos. Factores que, claramente, se relacionan entre si. Somos educados (nas aulas) con tecnoloxías, cuxa efectividade vai a depender das competencias do docente, da súa capacidade para innovar, da creatividade... Porén, non somos educados para as tecnoloxías, para saber discernir e clasificar datos, para poder protexer os nosos dispositivos e a nós mesmos, etc.  

Somos dianas ás que, as influencias, as políticas, a xente con certo “poder social” van a intentar disparar, cada día, cada hora, cada minuto da nosa vida. É a “maxia” da tecnoloxía.

En definitiva: non podemos ser indiferentes nin darnos igual: non somos Suiza.

 

Andrino, B., & Pérez, J. (16 febrero de 2019). Así opera la propaganda venezolana en Twitter. El País. Recuperado de https://elpais.com/

Gilbert, J. K. (1995). Educación tecnológica: una nueva asignatura en todo el mundo. Enseñanza de las ciencias: revista de investigación y experiencias didácticas13(1), 15-24.

    • Rosalía Teijeiro
      Rosalía Teijeiro

      ¡Hola Sonia! Esta entrada me parece muy interesante. Bajo mi punto de vista, existen dos formas de recibir información a través de lo que leemos. Por una parte, podemos leer algo y asumirlo como positivo o negativo para nosotros mismos. Por otra parte, podemos leer algo y querer fundamentarnos sobre el tema para alimentar nuestro pansamiento crítico. También considero que la madurez intelectual tiene mucho que ver en esto.

      Obviamente, en los soportes tecnológicos recibimos una cantidad inmensa de información día a día, es nuestro papel querer ampliarla críticamente o no. Está en nuestras manos crear una opinión crítica de todo lo que leemos o no hacerlo. No sé si me explico del todo bien, pero sí que me parece muy interesante la idea que planteas. Considero que en la inmensa mayoría de los casos sí llegamos a ser maleables ante lo que leemos a través de las TIC (RRSS, webs, foros, etc.). Lo que no tengo claro es hasta qué punto.

      Este blog me ha hecho pensar y eso es de valorar, ¡un saludo!

      • Eva Molinero Francisco
        Eva Molinero Francisco

        ¡Buenas Sonia! Para empezar, darte la enhorabuena, poca gente se para a analizar la realidad en la que vivimos. Siguiendo el hilo de lo que comentas, creo que la sociedad de hoy en día está construida de forma que nos presentamos como recipientes vacíos, a través de la educación, de las redes sociales, de la política y un amplio etcétera, vamos llenando ese recipiente. Esto en cierta parte parece positivo porque somos capaces de absorber como esponjas todo a lo que estamos expuestos, pero al mismo tiempo constituye un problema, no somos capaces ni queremos discernir entre lo que está entrando en ese recipiente. No nos culpo, estamos educados para ser maleables, por intereses económicos? políticos? no lo sé... Creo que la educación de hoy debe plantearse, esta vez de verdad, en torno a los alumnos, buscando el máximo desarrollo de sus potencialidades e intereses. Para mí, para conseguir estos objetivos, un requisito indispensable es fomentar el espíritu crítico, solo así, llegaremos a ser capaces de analizar lo que nos rodea y lograr rellenar el recipiente con lo que nosotros realmente elijamos.   

      últimos comentarios