Modificouse a forma en que aprendemos pola tecnoloxía? Qué din as teorías do aprendizaxe?

Hoxe, na primeira sesión interactiva do clis_03 logo de realizar o Practicum I, falamos sobre os conceptos PLE (personal learning environment) e PLN (personal learning network), así como do conectivismo e da forma en que a tecnoloxía modificou a forma na que se aprende actualmente. Neste blog tentarei dar a miña opinión fundamentada acerca destes temas.

O conductismo, cognitivismo e o constructivismo son as tres grandes teorías do aprendizaxe empregadas máis a miudo; pero hoxe en día, a inclusión da tecnoloxía nos entornos de ensinanza-aprendizaxe fai que as teorías do aprendizaxe empregadas ata o momento avancen cara una nova alternativa: o conectivismo. Esta nova teoría é a integración de principios explorados polas teorías do caos, redes, complexidade e auto-organización (siemens, 2004).

O conectivismo foi creada como una teoría do aprendizaxe para a era dixital para explicar o efecto que a tecnoloxía tivo sobre a forma na que vivimos, nos comunicamos e aprendemos no noso día a día. A tecnoloxía permítenos estar expostos a información infinita, con só abrir Google é realizar una busca, en menos dun segundo temos ante os nosos ollos miles de páxinas que pretenden dar resposta ao interrogante que inicialmente prantexábamos ante un buscador. Esta rapidez pódenos levar a unha infoxificación ou sobrecarga informativa, polo que tamén debemos prantexarnos: ¿de verdade a tecnoloxía nos facilita o aprendizaxe, ou só nos crea unas falsas expectativas cando en realidade nos ofrece máis cantidade de información, pero de dubidosa credibilidade?

Estar expostos a tan inmesa cantidade de información dende logo que cambiou a forma na que hoxe en día aprendemos, xa non só os estudantes, todo o mundo pode acceder a calquera dato informativo que precise; como por exemplo: antes para saber o tempo meteorolóxico mirábase na televisión e só daba a predicción para os 3 próximos días, sen embargo agora so con búscalo no noso smartphone podemos saber a predicción meteorolóxica para o próximo mes (como este exemplo simple pero real, moitos máis.

Da man do conectivismo xorden dous acrónimos que se empregan reiteradamente no entorno do aprendizaxe actual: o PLE (personal learning environment) e o PLN (personal learning network). Persoalmente, entendo o PLE como as ferramentas que nos permiten buscar, compartir e almacenar información relevante para o noso proceso de aprendizaxe, mentres que o PLN o considero a rede que une as persoas que producen en nos mesmos aprendizaxes significativos. Deste xeito, o noso PLE pode estar formado por Stellae, Google, YouTube, etc, mentres que o noso PLN pode ser o noso profesor, a nosa familia... . Unha definición máis técnica dos termos é a que dan Jordi Adell e Linda Castañeda: (…) se entiende el PLE como una idea pedagógica, como una practica de las personas para aprender valiéndose de la tecnología(…) entendemos el PLE como un conjunto de herramientas, fuentes de información, conexiones y actividades que cada persona utiliza de forma asidua para aprender.

Como conlusión, cabe decir que é evidente que a chegada da tecnoloxía modificou a forma na que aprendemos, xa non só no ámbito escolar, senon en todas as áreas da nosa vida, porque é raro que non teñamos nas nosas mans un smartphone, un ordenador portátil, una Smart TV, un smartwatch... . Pode parecer que empregando case as 24 horas do día aparellos electrónicos que se denominan Smart nos fai a nos, os seres humanos, perder a nosa capacidade de intelixencia e autocrítica fiándonos dunha pantalla, pero empregándoa con eficiencia e responsabilidade, a tecnoloxía sempre vai a ser para nos una vantaxe.

Cabe destacar qué que a forma de aprender se modifique non é malo, non só se modificou coa tecnoloxía, tamén cas novas xeracións da sociedade, a cultura que avanza, etc, a ensinanza-aprendizaxe e polo tanto, a educación, é un ente dinámico, e polo tanto debe evolucionar e cambiar para adaptarse sempre da mellor maneira posible aos suxeitos aos que pretende dar resposta.

Bibliografía:

    • Laura Santamaría Suárez
      Laura Santamaría Suárez

      Hola Noelia, comporta tu opinión de lo que dices que actualmente estamos con un smartphone, un ordenador portátil, una Smart TV, un smartwatch en nuestras manos, y cada vez desde más pequeños/as. Al igual que comparto tu punto de vista de que nos es malo que la educación avance con la tecnología siempre que sea de manera adecuada y sacándole el mayor partido a esta. Por lo tanto tenemos que aprovechar el avance de la tecnología poder emplearla en la educación de la mejor forma posible.