Modificouse a forma en que aprendemos pola tecnoloxía? 2ª parte

No meu último blog expliquei principalmente como as teorías sobre o aprendizaxe evolucionaron ata derivar no conectivismo, teoría adaptada á era dixital. Nesta segunda parte pretendo tratar o tema de forma máis exemplificada, falando sobre como notei o cambio da educación pola introducción das tecnoloxias nas aulas, xa que tiven a sorte de observalo en primeira persoa durante o practicum I.

Eu estudei educación primaria no CEIP da Ramallosa, entre os anos 2004 e 2010, e este ano realicei as prácticas no departamento de Pedagoxía Terapeutica deste mesmo centro, polo que vin o cambio que se deu en prácticamente 9 anos no ámbito tecnolóxico.

1. PROXECTO EDIXITAL

Primeiramente, o centro participa no proxecto edixital, que proporciona a cada alumno de 5º e 6º de primaria un ordenador portátil con conexión a internet que empregan durante as clases e ademáis levan cada día para á casa para realizar os deberes.  

Ordenadores portátiles que teñen no curso actual os alumnos e alumnas de último ciclo de primaria. Este proxecto instalouse no centro fai aproximadamente 5 anos, polo que eu non o vivín, cando estaba en primaria non podía nin imaxinarme que ese momento puidera ser real, pero agora que o vexo, sorpréndeme como a tecnoloxía nos condiciona. Considero moi positivo este feito porque é una axuda económica moi grande para as familiar, que se evitan o gran desenvolso dos libros de texto (uns 300€ por fillo cada curso) ademáis de ser moito máis fácil de transportar para os nenos/as un ordenador que 6 ou 7 libros.

A pesar das númerosas vantaxes, tamén creo que hai inconvintes a ter en conta: non todas as familias poden permitirse ter internet nas súas casas (é certo que hoxe en día é raro que alguén non o teña, pero esto non significa que sexa imposible, pódese dar o caso), polo tanto o alumno/a non tería wifi e non podería realizar as tarefas  traballos extraescolares. Outra desventaxa é que se un ordenador portátil se estropea, o alumno quedará sin libros, apuntes, traballos, ata que non se atope una solución ou se arranxe, mentres que cos libros esto non pasaría. Por último, un dos maiores inconvintes que atopo é que non todos os docentes están preparados para traballar desta maneira; fai falta moita formación e unas competencias dixitais adecuadas, polo que é unha arma de dobre filo, é unha metodoloxía innovadora e que pode chegar a ser moi útil pero tamén moi perigosa se non se usa adecuadamente.

2. MATERIA DE ROBÓTICA

Outro cambio que notei no centro, foi a implementación dunha materia obrigatoria para o terceiro ciclo de primaria: robótica. Non tiven a oportunidade de presenciar ninguna clase desta materia en primeira persoa, pero sei que teñen dúas horas semanais e que aos nenos/as lles gusta moito.

3. TABLETS PARA TRABALLAR CON NENOS E NENAS CON NEE

Este aspecto sí o vivín en primeira persoa durante a miña estancia no centro. Cada docente especialista de PT e AL posuía una Tablet (de feito estrenouse durante a miña estadía no centro, polo que é un aspecto recente) para traballar diferentes aspectos cos nenos que precisaban da atención dos especialistas. Algún exemplo:

- Con un neno autista de 4 anos empregábamos xogos para traballar as emocións, YouTube para cancións e contos con pictogramas, xogos de emparellar...

- Con dous alumnos de primeiro de primaria con dificultades matemáticas traballábamos con aplicación sinxelas de numeración ata o 100, e tamén con outra de sumas moi sencillas.

- Con un alumno de quinto de primaria con dislexia e discalculia empregábamos aplicacións de lectoescritura adaptadas ao seu nivel, onde tila que ordear sílabas, crear textos, resolver problemas de cálculo mental, etc.

4. CONCLUSIÓNS

Para finalizar quero decir que sí, é evidente que a tecnoloxía cambiou a forma na que aprendemos, pero creo que non se está empregando a forma máis eficiente, porque se ensinamos exactamente igual, se os nenos ven o mismo no libro que nunha pantalla, a metodoloxía non cambiou, só a ferramenta, e iso non é a mellor maneira de aprobeitar tan útil ferramenta como é a tecnoloxía.

Tamén creo que ter robótica e un portátil só en 5º e 6º de primaria está ben, pero estaría mellor telo en todos os cursos. Suporía un desenvolso económico moi grande pero a mellor maneira de ir integrando a tecnoloxía ducativa e dende a base, non de golpe.

Gustaríame rematar cun par de tiras de cómic cómicas sobre este tema da tecnoloxía, en como nos cambiou a vida.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

    • Irene A
      Irene A

      Boas! 

       

      Persoalmente non coñecía ningún dos proxectos dos que falas, pero parécenme moi interesante a pesar das dificultades e inconvenientes que explicas sobre o proxecto edixital. 

       

      En canto a túa conclusión, como reflexionamos na última clase, estou de acordo contigo cuando dis que a tecnoloxía non está a ser utilizada da forma más eficiente. Por outro lado, para poder empregar a tecnoloxía educativa nas aulas de forma eficiente, débese invertir en formación do profesorado en competencias dixital, dando as ferramentas necesarias aos profesionais para poder implementar estos novos proxectos da mello forma posible. 

       

      Finalmente, estou en desacordo coa túa proposta de ter robótica en máis cursos de forma obligatoria, xa que depois de tela obrigatoria nun par de anos, creo que sería mellor a sua implantación como materia optativa.

      • Noelia Villar
        Noelia Villar

        Gracias polo teu comentario Irene, expliqueime mal cando falei da meteria de robótica, refeierome a que deben dar opción dende que comeza a escolaridade obrigatoria, non introducila cando está a rematarse a primaria, ben e certo que suporía un desenvolso económico en material e formación docente, pero melloraría as competencias dixitais dende pequenos/as, pero sí, sempre de forma optativa nunca imposta!