MÁIS HARDWARE?

O que vos traio a continuación ven fundamentado, en parte, na última clase onde se puxo ante nos unha serie de enunciados que envolven a educación e a tecnoloxía. En relación a isto, ben por casualidade ou por destino, atopeime cun artigo que ben podería ser unha declaración de 24 páxinas de un de nós acerca do que pensamos ou non (acompañado de datos e investigacións científicas) sobre as afirmacións ou enunciados dos que antes falaba.  

 

Toca, por unha banda, o feito e erro de pensar que un aumento en hardware vai a propulsar o aumento de destrezas nas TICs ou cambios significativos e positivos en tanto a educación se refire. É dicir, non se pode simplemente facer unha gran inversión en dixitalizar as aulas xa que é preciso que a este movemento lle acompañe outro de cambio ou transformación do persoal docente. Tal e como se indica ao longo do artigo, en moitas das aulas dixitalizadas seguen a producirse prácticas pedagóxicas clásicas e comunicacións unidireccionais onde seguen estando presentes a repetición de exercicios e a memorización de contidos.  

 

Neste senso, o autor propón tres vías de solución: por unha banda un aumento ou, máis ben, unha preparación do profesorado e un cambio na metodoloxía e na pedagoxía. Non obstante é preciso indicar que, tal e como discutiamos nas clases anteriores, non indica que sexa a pedagoxía a que cambie pola tecnoloxía xa que esta segue a ter os mesmos obxectivos cos que nos levamos familiarizando xa tres anos: un cambio na figura do docente de orador que domina os coñecementos a un orientador ou acompañante no camiño de aprendizaxe do alumna.  

 

Por outra banda tamén indica que o alumno debe pasar de ser un mero receptor de coñecementos a un axente activo no porceso de ensinanza aprendizaxe. Non vos conto nada novo, verdade? A novidade ven na tecnoloxía e en como esta afecta ao alumno, posto que está constamente recibinco información. Non só a recibe senón que a crea e a comparte. Deste xeito indica que o discente debe ser, deste modo, un ser crítico coa información que recibe día a día. Porén, está o alumno ou alumna preparado para isto?  

 

Outro factor que é obxecto de cambio para a autora é a organización escolar que debe crear espazos de aprendizaxe que se fundamenten na tecnoloxía da información e da comunicación.  

 

Polo tanto non debemos obviar a importancia da formación e capacitación de todos os docentes que día a día educan pequenas e grandes mentes senón que debemos ver unha oportunidade de cambio e actuar sobre o mesmo para evitar, tal e como se conclúe no artigo, que as TICs na educación acaben estancándose e quede, dese xeito, desvinculado o centro educativo da realidade total do dicente. Porque se algo é certo é que as tecnoloxías forman parte do día a día dos alumnos e alumnas e constitúen xa un espazo con cultura propia, entendendo que toda cultura se desenvolve nun determinado espazo e polo tanto, temos que ter en conta o ciberespazo, o cal xera a súa propia cultura na cal participan os nenos. Forma parte do seu contexto e a escola debería formar parte do mesmo.  

Pérez, A. (2011). Escuela 2.0. Educación para el mundo digital. Revista de Estudios de Juventud. (92). pp 63-86

    • Ana Belén
      Ana Belén

      Boas Sonia! Tras leer a túa entrada, podo dicir que tratas un tema moi importante e de actualidade. No segundo parágrafo falas sobre a dotación de hardware das aulas, o cal para algúns profesionais da educación isto suporía o xurdimento de cambios significativos na propia educación, pero como ben defendes ti ao longo desta entrada, isto é unha idea errónea. Se queremos que o uso das TICs nas aulas supoña a aparición de cambios na educación non só debemos dotar as aulas de materias tecnolóxicos, senón que ademais de forma simultánea e complementaria debe darse un cambio/mellora na formación do profesorado a metodoloxía que estes empregan. Estou totalmente de acordo!

      Un saúdo!

       

    últimos comentarios