Está o alumnado preparado para ser crítico coa información que recibe?

    Sonia Oreiro

    No anterior blog deixei unha pregunta no aire xa non relacionada coa formación docente senón respecto ao alumno ou alumna. Está este preparado para ser crítico coa información que recibe? Tras ler o mesmo artigo pódese deducir que na meirande parte dos casos non.

    Podemos afirmar que a día de hoxe os nenos e nenas están dixitalizados e se desenvolven dentro da era na que crecen e interactúan: a era dixital. Non obstante, de todo o gran porcentaxe que utiliza as novas tecnoloxías só unha ridícula parte o fai con fins educativos. A este factor debémoslle sumar que os nenos non están educados para nin con tecnoloxía senón que son eles mesmos os que se desenvolven neste amplo campo para fins de entretemento deixando, deste modo,  a obxectividade da información que reciben a un lado.

    Non teñen incorporados á súa propia maleta de ferramentas ou, como vimos nas clases, no seu entorno personal de aprendizaxe ou PLE, os recursos que lles permiten cribar o seu entorno cibernético e informacional. Ferramentas ou elementos claves que lle permitan aos estudantes afrontar o que se coñece como “infoxicacción”.

    Chamamos infoxicacción á situación actual onde o ser humano ten moita máis información da que pode procesar. Este fenómeno pode chegar aproducir agobio ou ansiedade posto que é difícil de controlar sen as ferramentas axeitadas das cales as novas xeracións carecen porque actualmente parece que o manexo pola web e a búsqueda de información se considera como algo que o neno ou nena aprende pola propia man e non como algo que as escolas deben ensinar. Non obstante, non é unha das múltiples funcións da escola preparar ao individuo para a realidade e convertilo en unha persoa con deberes e dereitos? É dicir: a socialización. O contacto coas tecnoloxías e, por ende, co ciberespacio, debe considerarse xa, nestes días, parte da socialización.

    A escola debe buscar que o neno adquira a competencia de Tratamento da Información e a competencia dixital. Isto non se pode reducir a que o alumno ou alumna teña un simple manexo das TICs senón que este sexa unha persoa autónoma, responsable, crítica, reflexiva e selectiva cando se fala de tratar, seleccionar e usar a información, as fontes e os soportes das redes, capaz de tratar todo o exceso de información que reciben día a día e saber contrastalo.  

    Pérez, A. (2011). Escuela 2.0. Educación para el mundo digital. Revista de Estudios de Juventud. (92). pp 63-86

     

      • Sebas García
        Sebas García

        Hola, Sonia! Muy buen artículo. Este es un tema que actualmente es de gran importancia, porque como tu dices, cada vez más y más los jóvenes adquieren más información de la que pueden procesar.

        Sobre todo, también quisiera destacar la importancia de un aprendizaje que enseñe los conocimientos sobre el manejo de las TIC; no sólo enseñar los beneficios que conllevan, sino también las desventajas o peligros que hay la red.  

        • Maria Noya Hoyos
          Maria Noya Hoyos

          Buenos días Sonia.

          Me ha gustado tu entrada, aunque estoy en desacuerdo con algunas de las afirmaciones que has hecho en ella. Considero que las personas más jóvenes sí tienen herramientas digitales en su PLE, aunque posiblemente ellos no sean conscientes de esto. Es decir, las niñas y niños de hoy en día realizan múltiples búsquedas en Internet para solucionar casi todos los problemas que se les presenta en la vida, considero que de esta manera podemos decir que les sirve como herramienta de aprendizaje, aunque lo que aprendan no tenga siempre características educativa...

          • Maria Martinez Garrido
            Maria Martinez Garrido

            Ola Sonia,

            A verdade e que me pareceu moi interesante esta entrada porque a pesar de que todos sabemos que estamos sobreexpostos á información, non pensara que podía causar problemas tan graves. Facendo memoria, podo dicir que esta sobrecarga de información igual si que en algún momento me afectou deste xeito aínda que non me dera conta á hora de ter que condensar toda a información que puiden obter para facer os traballos. 

            Estou totalmente de acordo con que a escola debería ser a encargada da formación dos menores para a competencia dixital e o tratamento de toda a información a que poden acceder; pero si é verdade tal e como di María Noya, que a pesar de que esta sexa o que se debe facer para preparalos ben, actualmente a Internet é unha ferramenta á que van acceder para resolver moitos dos problemas que se poden atopar, aínda que a información á que accedan non sexa a mellor para suplir as necesidades que teñan.

          últimos comentarios