É posible aprender hoxe en día sen tecnoloxía? Propostas de formación con tecnoloxía. ¿Por qué e para qué?. Con que enfoque da formación e da tecnoloxía? 2º parte.

Nesta segunda parte sobre a importancia da tecnoloxía no sistema educativo actual, tema que tratei no meu primeiro blog, intentarei contrastar a opinión que tiña ao comenzar o cuatrimestre e a que teño agora, casi rematando e con unha experiencia enriquecedora enriba como foi o Practicum I. Logo destas semanas a miña percepción cambiou, en parte polas clases de tecnoloxía educativa e en parte pola realización das prácticas nun centro no que a tecnoloxía está presente no día a día dos alumnos (proxecto abalar, proxecto edixital, materia de robótica, pantallas dixitais en cada aula, etc).

Como di Castañeda, ''La cuestión es que la tecnología, al menos entendida de forma amplia, ni incide en
la educación solo cuando es “nueva”, ni se “aplica” a la educación, ni se “implementa” o “integra” en ella, ni siquiera se enriquece con ella, eso es solo una parte de lo que la tecnología hace en educación.'' 
Actualmente o novedoso sería non empregar a tecnoloxía, xa que todos e todas nos, dende ben pequenos, estamos en contacto coa tecnoloxía no noso día a día; polo que para que non se volva obsoleta debemos empregala como unha metodoloxía, non como unha ferramenta. De nada vale que se sigue o mesmo formato de traballo cando todos os alumnos/as disponen dun ordenador portátil na aula que cando teñen un libro: se están vendo o mesmo na pantalla que no libro, o único que conseguimos a maiores é estropearlles a vista.

Necesitamos buscar unha metodoloxía adecuada, unha pedagoxía que teña como base a tecnoloxía porque, inevitablemente, está presente e temos que convivir con ela queiramos ou non, polo que xa que o temos que facer, por que non aprobeitala eficientemente?.

O primeiro paso e a formación do profesorado, debe integrar a TE como un aspecto esencial para que logo nas súas planeacións de aula non se teña en conta só para ver películas, poñer vídeos, etc. Unha ferramenta moi probeitosa, ao meu parecer, sobre todo nos niveis de primaria, é a webquest. Nunca escoitara este termo ata a última clase, pero pareceume moi interesante. A idea de webquest foi desenvolta en 1995 na Universidade de San Diego, dende entón constituíu unha das técnicas principais de uso e integración de internet nas aulas, aínda que agora non se emprega moi asiduamente. Segundo Bernie Doge e Tom March (os seus autores) é unha actividade orientada á investigación na que a maior parte da información que se debe empregar está na propia web. É un modelo que pretende rentabilizar o tempo dos estudantes ao aforrarlles a buca de información, centrarse no uso máis que na búsqueda e reforzar os procesos intelectuais nos niveis de análise, síntese e avaliación. Existen webquest de diferentes tipos, pero todas deben deben compartir a seguinte estructura: introducción, tarea, proceso, recursos, avaliación e conclusión.

A continuación deixovos un enlace no que podedes ver diferentes tipos de webquest, orientadas a educación infantil e educación primaria, porque a min o concepto quedoume máis claro ao ver exemplos: http://servicios.educarm.es/admin/webForm.php?aplicacion=WEBQUEST&mode=visualizaAplicacionWeb&ar=1088

Para concluír, cabe decir que sí, hoxe en día podemos aprender sen tecnoloxía, xa que son moitas as aulas que aínda seguen un método moi tradicional (chamar aos nenos/as polo apelido ou de vostede, organizar a aula espacialmente sentándoos a todos e todas de un en un impedindo o aprendizaxe colaborativo e fomentando a competitividade, realizando exames de chapar e vomitar o memorizado nunha folla...e sí, esto é real, visto por min hai un mes nunha clase de cuarto de primaria...). Pero tendo a oportunidade de aprobeitar a tecnoloxía para unha educación con base no século XXI, por que non facelo? o primeiro paso é introducila na formación dos docentes de maneira transversal para que logo eles/elas a apliquen nas aulas do mesmo xeito, favorecendo o aprendizaxe dos alumnos/as.

  • Bibliografía:

Adell, J. (2018). Más allá del instrumentalismo en tecnología educativa. En J. Gimeno (Ed.), Cambiar los contenidos, cambiar la educación. Madrid: Morata.

Castañeda, L. (2019). Debates sobre Tecnología y Educación: Caminos contemporáneos y conversaciones pendientes. RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 22(1), 29-39. Recuperado de: https://doi.org/10.5944/ried.22.1.23020

www.juntadeandalucía.es

 

    • Maria Martinez Garrido
      Maria Martinez Garrido

      Hola Noelia, paréceme moi interesante a túa reflexión, porque, ao igual que eu fixen nun primeiro momento, tamén pensaba que actualmente non podemos aprender sen tecnoloxía; isto é algo que sigo pensando debido a que fóra do ámbito escolar, desde que os nenos son moi pequenos, están en contacto coa tecnoloxía. Pero si é certo que no ámbito escolar aprender sen tecnoloxía aínda está a ser unha gran realidade xa que, como ben dis, as webquests e as demais plataformas para traballar dende a Internet son descoñecidas para nos e canto máis para un profesorado que non tivo ningún tipo de formación para poder empregar as tecnoloxías que puñan o seu alcance e poder, deste xeito, innovar. Por iso creo que o paso máis importante comeza por darlle formación as persoas no ámbito das competencias dixitias e todo o que levan implícito.

      • Noelia Villar
        Noelia Villar

        Ola María, grazas polo teu comentario; ao igual que ti, pensó que a base para integrar a tecnoloxía no ámbito eductivo é a formación docente en competencias dixitais e tecnoloxía, poi se os docentes non saben como aplicala non serviría de nada, sería una ferramenta valeira e non una metodoloxía.