Unha experiencia de introdución da tecnoloxía na empresa.

Un dos principais problemas que existe hoxe en torno a integración das tecnoloxías é a falta dun cambio estrutural na pedagoxía e nos métodos á hora de levala a cabo. Como xa mencionei no miña anterior entrada, a introdución de hardware non é sinónimo de innovación.

 

E isto é algo que tiña claro a miña amiga Andrea Barreiro, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, que actualmente traballa en Madrid, no Departamento de Marketing dunha PYME de deporte e nutrición. Andrea chegou a esta empresa fai aproximadamente dous anos, e rapidamente se propuxo renovar as formas de actuación. E para ela, iso pasaba por unha renovación a través das tecnoloxías.

 

Tendo en conta que agora mesmo estamos coa preparación do proxecto na materia, pareceume interesante ter a oportunidade de recoller esta experiencia. É, tamén, unha experiencia  que penso que asemella as pautas que se deberían tomar no sistema educativo en materia da introdución da tecnoloxía: análise de necesidades, aposta, reestruturación, implicación e compromiso polo cambio.

Reformulando estratexias para medrar arredor das tecnoloxías e así buscar a mellora.

A continuación, expoño a nosa conversa:

 

S: Andrea, moitas grazas por facerme un oco. A vida de empresaria na capital parece que te ten ocupada.

A: E menos mal, tamén che digo. Estou traballando como unha animal pera estou moi contenta.

S: Como ten que ser. Bueno, pasemos á materia en cuestión que non quero molestarte moito. Como chegaches á liderar o proxecto de renovación tecnolóxica de toda a empresa?

A: Pois foi moi rápida a cousa. As primeiras semanas no traballo vin que practicamente todo o que facíamos era simplemente traballar cada un no seu ordenador. Nós temos unha serie de tarefas, e xeralmente, cada un traballa no seu para despois facer unha posta en común, e pulir aqueles aspectos que fagan falta. Ademais, un aspecto que me chamaba a atención e que tiñamos todos os proxectos, documentos, presupostos, etc... arquivados de maneira física. Para buscar calquera cousa tiñamos que andar media hora entre arquivadores. E isto sucedía en todos os sectores da empresa.

A ver, estouno explicando bastante mal, pero ó que me refiro é que todo era un traballo moi mecánico, manual e individual. Que funcionaba, claro, pero que parecía que se podía facer moito máis e mellor. Por iso, un día fun falar ca encargada do departamento, e comenteille que podíamos mirar de facer un cambio na maneira de traballar. Levome moi ben con ela, así que non tiña problema para falar directamente sobre estas cousas.

S: E como llo comentaches? Quero decir, en que te baseaches?

A: Pois díxenlle directamente o que pensaba, que podíamos optimizar a maneira de funcionar, xa non só no departamento, senón no conxunto da empresa.

S: E que lle propuxeches?

A: A ver, as principais necesidades que vin era buscar o xeito de poder traballar en común de maneira funcional, de xestionar o traballo e sobre todo, levar a cabo a dixitalización dos contidos. E que puidesemos acceder en calquera momento e lugar. Todo o dixen sen saber as posibilidades reais de facelo, pero a miña xefa estivo de acordo e logrou convocar unha reunión na que convenceu o resto dos xefes para poder presentar unha proposta. E iso fixemos. Traballamos unhas tres semanas nela. Teño a sorte de que o meu mozo é informático e tiña algo de idea de como enfocar o que quería facer.

S: Entón, cal foi a proposta?

A: Pois chegamos a conclusión de que o mellor era crear unha plataforma online, na cal puidesemos xestionar os proxectos segundo o departamento da empresa, e a través da cal poder traballar todos xuntos, baixo os formatos e ferramentas que empregamos. E sobre todo, onde poder ter unha base de datos con todos os documentos que ata agora tiñamos por escrito. Esta é unha tarefa na que aínda estamos traballando. Estoume explicando fatal pero iso é o básico. A miña xefa deixoume presentar a proposta e un par de días despois comunicáronme que a aceptaran e que podía empezar con ela cando quixera. E coa axuda da empresa de informática na que traballa o meu mozo, iso fixen. E xa levamos un par de meses con ela funcionando a tope.

S: Pero hubo consenso? Que tal levou o resto de compañeiros este cambio de métodos? Como se conseguiu a adaptación?

A: Si, si, por suposto. Non ía ir eu de lista e ir falar ca encargada sen facerme unha idea xeral da predisposición do resto ó cambio, tanto no meu departamento como fóra. A idea gustou moito porque moitas veces o traballo víase que se podía axilizar e optimizar. O que quero deixar claro é que funcionabamos perfectamente, pero a opción de mellora estaba ahí, só faltaba formulala. A adaptación tamén foi cousa miña. Perdoa que me olvidei de mencionala e é importante. Unha vez decidimos cal ía ser a plataforma a facer, estiven traballando cos compañeiros de Recursos Humanos (onde temos dous pedagogos, así que xa sabes) para crear un plan de formación e adaptación a esta nova forma de traballar. Durou seis meses, foi intenso pero moi bo e efectivo.

Todo o mundo era consciente de que iamos ter que cambiar a mentalidade de traballo e que iso ía necesita da implicación de todos, e nunca houbo unha mala cara.

S: É dicir, ti sabías desde o primeiro momento que tiña que haber un cambio de método, e polo tanto un cambio na pedagoxía da empresa.

A: Claro, claro. De pouco vale meter a plataforma diante das narices da xente senón hai cambios previos. Incluso os que levan aquí toda a vida aceptaron de boa gana o cambio. Una vez se explicou a proposta, a verdade é que todo o mundo estaba con ganas de aprender e probar a cousa. Era como se fose Nadal e todos estamos esperando o xoguete novo. É unha tontería de exemplo pero ti xa me entendes. Sen dúbida marcou un antes e un despois na filosofía e pedagoxía, como ti dis, da empresa.

S: Pois moitísimas grazas por esta pequena descrición do proxecto, Andrea. Como sempre, sendo unha líder natural estés onde estés. Igual te chamo para profundizar máis, así que atenta.

A: Grazas a ti! Cando queiras, xa o sabes.

 

    • Uxia Sanjurjo
      Uxia Sanjurjo

      Hola Sergio!

      Me parece muy interesante el tipo de entrada que has propuesto ya que estamos acostumbrados a publicar aquellas propuestas por nosotros donde damos como alumnos nuestro punto de vista pero no he visto ninguna entrada que de el punto de vista de otros profesionales como has hecho tu por lo que enhorabuena. 

      Me han parecido muy interesantes las preguntas de la entrevista ya que se ve un claro ejemplo no sólo de una empresa en la que las tecnologías realmente ya están tan integradas que su uso llega a ser monótono sino que además has dado un claro ejemplo de innovación tecnológica que estoy segura de que ha mejorado el rendimiento de dicha empresa en un 100%. 

      Un saludo. 

      • Sebas García
        Sebas García

        Hola Sergio!

        Lo primero es que quiero felicitarte por ofrecer algo más nuevo y fresco en esta plataforma con la idea de la entrevista, porque resulta bastante innovador que se sale de lo habitual en la publicación de entradas en este blog.

        Y en segundo lugar, muy interesante el contenido de esta entrevista, siempre buscando opciones de mejora y comodidad, en este caso con la tecnología, para seguir avanzando y progresando como empresa.

        Un saludo!

        • Sergio Polín
          Sergio Polín

          Moitas grazas polos vosos comentarios

          Paréceume moi interesante traer esta experiencia ó blog, xa que a vexo como un bo exemplo do que tratamos os últimos días sobre a maneira de integrar á tecnoloxía dun xeito que sexa funcional e significativo.

          • Adrián Otero Vilela
            Adrián Otero Vilela

            Engadir duas cousas:

            1 As primeiras duas lineas da conversa son 11/10

            2Gustame moito Sergio, entendoo coma un drive grupal onde a información está por e para todos

            Un saudo

          últimos comentarios