Educación aberta, coñecemento aberto, software libre... ou ¿pechado e propietario? Discusións e análises da problemática

    Ainhoa Torreira
    Por Ainhoa Torreira

    Qué é o software libre? Antes de explicar o que se entende como software libre, vexo necesario dar unha definición do que entendemos por software. Segundo a Real Academia da lingua Española, software defínese como un conxunto de programas, instrucións e regras informáticas para executar certas tarefas nunha computadora.

    “El concepto de software libre es fundamentalmente legal: es un software con el que se pueden hacer cierto tipo de cosas, porque su autor da permiso para ello” (González-Barahona, 2011).

    Quen comercializa un programa pode impoñer unhas determinadas condicións baixo as que se debe usar.

    O software é un elemento tecnolóxico moi flexible e adaptable, e pódese impoñer a imposibilidade de adaptalo a necesidades concretas, ou correxir erros, sen o permiso do produtor.

    O software libre do que falamos, outorga liberdades que o software privado nega. (Stallman, 2004)

    • A liberdade de executar o programa sexa cal sexa o propósito.
    • A liberdade de modificar o programa para axustalo as túas necesidades. (Para que se trate dunha liberdade efectiva na práctica, deberás ter acceso ao código fonte, dado que sen el a tarefa de incorporar cambios nun programa é extremadamente difícil).
    • A liberdade de redistribuír copias, xa sexa de maneira gratuíta, xa sexa a cambio do pago dun prezo.
    • A liberdade de distribuír versións modificadas do programa, de tal maneira que a comunidade poida aproveitar as melloras introducidas.

    Como é obvio, para que estas liberdades se poidan exercer, o autor do software concede o seu permiso para elo.

    Dando entrada á educación neste tema, o software libre nela, ofrece múltiples vantaxes para ampliar as posibilidades de aprendizaxe. A educación permítenos o acceso ao coñecemento, e o software libre ofrécenos liberdades para poder exercer a apropiación do coñecemento. Entre os beneficios que nos podemos atopar están os seguintes:

    • Fomenta a independencia e a liberdade xa que ao facer uso de programas con licencias libres elimina a dependencia e ofrece liberdades ao alumno para elixir o programa que máis se adapte as súas necesidades.
    • Permite reducir custos, xa que moitas das licencias de software libre son gratuítas, pero non todas. Recordemos que software libre non vai ancorado á completa gratuidade. Coas licencias gratuítas, os centros poden aforrar diñeiro na adquisición destas.
    • Libre acceso dende o fogar
    • Programas adaptados ao estudantado. Os programas de software libre poden ser traducidos a calquera lingua,incluír axudar técnicas á diversidade ou personalizarse para atender ás NEE de cada alumno.

    Gustaríame facer mención aquí ao termo “recurso educativo aberto”, definido no Forum da Unesco sobre o impacto do material educativo aberto na educación superior no 2002 do seguinte xeito: “materiais en formato dixital que se ofertan de maneira gratuíta e aberta para educadores, estudantes e autodidactas para o seu uso e re-uso na ensinanza, a aprendizaxe e a investigación”. Nesta definición teñen cabida outro tipo de materiais dixitais ademais de imaxes, textos e exercicios. Existen documentos con directrices para saber como ensinar unha materia en concreto.

    Internet ofrécenos unha gran cantidade de información que, grazas á existencia do software libre do que falamos, podemos aproveitar de maneira axeitada. Así pois grazas ao software libre, temos a posibilidade de aprender de maneira diferente, podendo compartir calquera información e enriquecerse da información doutras persoas. Polo tanto debemos enriquecernos e aproveitar todos os recursos que nos ofrece o software libre, pero sempre de maneira axeitada e eficaz para que o uso da mesma nos aporte unha aprendizaxe completamente positiva.

    Para rematar, déixovos unha vídeo no cal se trata dunha maneira bastante sinxela o tema do software libre.

    https://youtu.be/VRDzpjRWAao

     

    Adell,J. & Bernabé,I. (s.f). Software libre en educación. Castellón: Depto. de Educación Universitat Jaume I.

    FACUA (2018). ¿Conoces el software libre? #sostenibleconsumo [Archivo de vídeo]. Recuperado de  https://youtu.be/VRDzpjRWAao

    González-Barahona, J.M. (2011). El concepto de software libre. Revista Tradumàtica: tecnologies de la traducció, (9), 5-11.

     

    Olcina, M. (2016). Más que ahorro económico. Las 10 ventajas del software libre. Recuperado de: http://www.elsalmoncontracorriente.es/?Las-10-ventajas-del-software-libre

    Real Academia Española[RAE].(Actualización 2018). Definición. Edición Tricentenario. Rae.es. Recuperado de: https://dle.rae.es/?id=YErlG2H

    Sicilia, M.A. (2007). Más allá de los contenidos: compartiendo el diseño de los recursos educativos abiertos. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento, 4 (1), 26-35.

    Stallman, R (2004). Software libre para una sociedad libre. Madrid. Traficantes de Sueños Recuperado de: https://www.gnu.org/philosophy/fsfs/free_software.es.pdf