SOFTWARE LIBRE OU CERRADO ?

Ola chicas!

Para introducir este tema comezarei definindo que se entende por software libre, do que cal foi fundador Richard Stallman.

O software libre é unha cuestión de liberdade, non de prezo, é polo tanto a liberdade dos usuarios para executar, distribuír, estudar, cambiar e mellorar o software. Este tipo de software xurde como consecuencia do software privado polo impulso de pequenas empresas e usuarios.

En palabras de Richard Stallman, o software libre respecta a liberdade dos usuarios e da comunidade, non estamos falando do prezo senón da liberdade. En termos xerais, os usuarios con estas liberdades (tanto individualmente como de forma colectiva) controlan o programa e o que fai. Son catro as clases de liberdade para os usuarios de software:

-  Liberdade 0: liberdade para executar o programa sexa cal sexa o noso propósito.

-  Liberdade 1: liberdade para estudar o funcionamento do programa e adaptalo ás túas necesidades.

-  Liberdade 2: liberdade para redistribuír copias e axudar ao teu veciño.

-  Liberdade 3: liberdade para mellorar o programa e logo publicalo para o ben de toda a comunidade.

Polo tanto, software libre é calquera programa cuxos usuarios gocen destas liberdades. Pero, non todo o mundo quere que sexa tan fácil copiar e modificar a información existindo así o sistema de Copyright que permite que os programas de software teñan propietarios, os cales pretenden, na súa maioría, privar ao resto do mundo dos beneficios do software libre. Como consecuencia disto existe o software cerrado ou propietario.

Diferencias entre o software libre o o software propietario:

Como indiquei anteriormente, o software libre tamén coñecido como software de código aberto, é aquel que se distribúe libremente e co cal a comunidade se beneficia mutuamente, crecendo sen restricións. Pero, tamén debemos ter claro que software libre non implica que sexa gratuíto, non debemos confundir termos.

Por outro lado, o software propietario ou software privativo ou de código cerrado, limita as posibilidades dos usuarios a modificalo, redistribuílo ou incluso ao seu uso, e a miúdo a súa licencia ten un costo elevado.

A principal diferenza entre ambos é que para empregar unha licencia de software de fonte cerrada debes pagar mentres que os software de fonte aberta son distribuídos de forma pública e con un menor custo ou incluso de forma gratuíta.

Por tanto, respondendo á pregunta inicial de si Software libre ou cerrado, creo que ambos teñen as súas limitacións e vantaxes, pois, por un lado, vexo ben que exista un software propietario que garanta á persoa física ou xurídica a poser os dereitos de autor sobre os software, pero, esta posesión de dereitos ó mesmo tempo restrinxe os dereitos do usuario, o que non comparto, polo que, baixo o meu punto de vista, aínda que non todo son vantaxes, é mellor un software libre xa que, permite a toda a comunidade a liberdade para empregar a información e difundila, ademais de ser as súas aplicacións, a maioría das veces gratuítas, facendo deste xeito  que o dereito á información non se restrinxa a un sector da comunidade que poida permitir pagar custos máis elevados. O que se pretende co software libre é que a información chegue a todos os usuarios sen limitacións.

En conclusión, o software libre debe ser a mellor opción na educación xa que os usuarios deberían ter a liberdade para cambiar e redistribuír software, por este motivo nas institucións educativas deberíase fomentar este tipo de software, para progresar no coñecemento.

Un vídeo que reflexa á perfección a diferenza entre un software e outro e, que vos axudará a entendelo mellor, é o seguinte:

https://www.youtube.com/watch?v=FvLJ2JotttM&index=2&list=PLyfml1exmp-C8UK89-g5yJ1qR2m4MrMs6

Por último, deixovos esta imaxe onde se retrata á perfección o significado do software libre:
Archivo:Mapa conceptual del software libre.svg

Fuente: https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Mapa_conceptual_del_software_libre.svg

Agardo a túa opinión!

BIBLIOGRAFÍA:

Stallman, R. (2004). Software libre para una sociedad libre. Madrid: Traficantes de Sueños, 2004. Recuperado de: https://libros.metabiblioteca.org/bitstream/001/144/8/84-933555-1-8.pdf

Software Libre. (06/08/2010). Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=FvLJ2JotttM&index=2&list=PLyfml1exmp-C8UK89-g5yJ1qR2m4MrMs6

 

 

 

    • Maria Martinez Garrido
      Maria Martinez Garrido

      Hola Rocío!

      Gustoume moito a túa entrada porque reflexa moi ben o que se quere dicir con software libre e privado e as diferenzas que hai entre ambos podendo ver os pros e contras de cada un deles. Pero como ben dis, o software privativo é unha limitación para a sociedade actual na que todas as persoas poderían acceder á información que necesitasen se non se lle restrinxira o paso; aínda que para iso existe o software libre, moitas das cousas as que en algún casos queremos acceder, non podemos facelo sen pagar porque non están completamente dispoñibles para todos. 

      En moitos dos elementos que se poden acceder de carácter máis luxoso que necesario, non vexo mal o que se deba pagar, pero tal e como dis, a información de tipo educativa e que nos sirva para ampliar os nosos coñecementos debería ser libre e accesible.

      • Rocío Linares
        Rocío Linares

        Hola María!

        Moitas grazas por lerme, creo que todos estaremos de acordo con que o mellor para a educación de todos e todas é un software libre que estea a disposición de todos/as independentemente dos recursos cos que conten os individuos. A pesar de que libre non sexa sinónimo de gratuíto, este software normalemente o é ou require baixos custos o que permite chegar a un maior número de persoas.

        Un saudo :)