Debería ser o software libre? (II)

Debido a que anteriormente publiquei un blog onde falaba do software libre deixando temas para abordar noutra ocasión; e esta semana comentamos na sesión expositiva que é o software libre e por que debería selo, procedo a realizar unha análise máis informal do tema.

 

Como sabemos mediante a sesión expositiva, software libre non quere dicir que non existen dereitos de autor senón que este permite que a súa produción se distribúa sempre e cando se cite á autoría. Algo lóxico, non?

image

Figura 1. Carlos Lizárraga Celaya. Fonte: https://www.flickr.com/photos/20582139@N00/250012924

 

Ante este tema existen persoas que se posicionan a favor como é Stallman. Na miña entrada anterior, poderedes ler algunhas razóns polas que o autor considera que o software debería ser libre como, por exemplo, aumentar o coñecemento e outras dirixidas explicitamente ao ámbito educativo como a eliminación da “brecha dixital”.  Na imaxe, pode verse un esquema que amosa como o software libre oferta máis posibilidades que o pechado.

 

En cambio, nesta entrada, vou amosar a opinión de dous detractores moi coñecidos xa que considero que ver máis opinións pode engadirlle riqueza ao tema en cuestión. Dúas das principais persoas que se opoñen a idea de Stallman son Bill Gates e Steve Jobs. Ambos defenden o software pechado que, en palabras de Carrera (2012), é un sistema no que o hardware e o software constitúen unha unidade que non poden funcionar independientemente do outro. Ou sexa, o software non é compatible con outro hardware e viceversa.

 

Como dixen na entrada anterior, o movemento do software libre comezou cunha serie de hackers que consideraban que o coñecemento debería ser libre, sen restriccións. Parra (s.f.) explica que Gates non compartía esa idea, é máis, no 1976 denunciou a todos os hackers do mundo cunhas palabras xa que el dicía que, se a xente está disposta a pagar o software, por que non o hardware? Ambos creadores teñen dereito a cobrar polo que traballan e, do contrario, é un roubo.

 

Respondendo á pregunta anteriormente formulada, a resposta de Parra (s.f.) é que o hardware é diferente ao software xa que o segundo pode copiarse a custo cero, polo que o modelo de negocio non pode ser o mesmo. É dicir, non se pode copiar por cada copia vendida.

 

En canto a Jobs, Carrera (2012) conta que o sistema de Apple é un sistema pechado por definición, tanto en hardware coma en software, tal e como o decidiu o propio Steve Jobs. Esta decisión implicou que todos os seus produtos sexan incompatibles con todos os demais do mercado. A razón que deu para xustificar este feito é que o único xeito de crear grandes produtos é controlando todos os aspectos de produción e deseño. Como se pode ver, a súa razón é máis elitista que a de Bill Gates. Agora que tedes ambas opinións, cal é a vosa?

 

Pero este debate non se limita a grandes empresarios senón que se estende a todas as creacións que realizan moitos/as autores/as cada día. Debido a que é imposible abarcar todos os ámbitos, imos a centrarnos unicamente no musical e a piratería.

 

Comezarei falando sobre a opinión dun cantante español: Ramón Melendi Espina. Marcos (2009) recolle un fragmento de entrevista con Melendi no que admite que, aínda que a pitarería non estea ben, a el foille beneficiosa xa que o fixo chegar á sona. Ademais, engade que aínda que diminúe a venda de discos, non se nota nos concertos.

Noutra entrevista con Risto Mejide (s.f.), di que o único importante é que escoiten a súa música, aínda que esta sexa pirata. O autor defende que non e regale a cultura xa que existe unha autoría pero que debe existir unha regulación lóxica e formal xa que o aumento do IVA só fai que sexa moi difícil, especialmente para as persoas que comezan.   

 

A reacción de Taylor Swift, igual que sucede co tema de software libre ou pechado, é oposta á do cantante asturiano. Castellote (2014) indica que ela quere ter o control de onde sona e por iso, retirou as cancións de Spotify revolucionando con iso internet. O motivo débese a que a empresa non lle paga o suficiente aos/ás artistas aínda que na actualidade a industria musical fai diñeiro con concertos e o merchandising.

 

Asimesmo, o País (2017) indica que Taylor Swift regresa a Spotify, sen condicións, con toda a súa discografía tres anos despois. A solista di que o motivo se debeu a un xesto de agradecemento aos seus e as súas fans por un gran número de vendas no álbum dese ano.  

 

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
Castellote, R. (13 de noviembre de 2014). Autor, autor! [Mensaxe nun blog]. Recuperado de https://ruthcastellote.wordpress.com/2014/11/13/taylor-swift-retira-su-musica-de-spotify/

Carraro, J. M. (6 de febreiro de 2012).  Steve Jobs, Apple, los ecosistemas cerrados y la intención de crear grandes productos. [Mensaxe nn blog]. Recuperado de http://www.iterando.com.ar/2012/03/steve-jobs-apple-los-ecosistemas.html

Cuatro (23 de novembro de 2014). Melendi: “Lo único qe importa es que escuchen mi música, aunque sea pirata.” Viajando con Chester. Recuperado de  https://www.cuatro.com/viajandoconchester/temporada-3/programa-10/melendi/Melendi-importa-escuchen-musica-pirata_2_1896855074.html

Marcos, J. (24 de xullo de 2009). Melendi: <<La piratería me ayudó al principio.>> Hoy. Recuperado de https://www.hoy.es/20090724/contraportada/melendi-pirateria-ayudo-principio-20090724.html

n/a.(9 de junio de 2017). Taylor Swift regresa a Spotify sin condiciones. El País. Recuperado de  https://elpais.com/cultura/2017/06/09/actualidad/1496995875_671342.html

Parra, S. (15 de febreiro de 2015). Bill Gates vs Richard Stallman: ¿el software debería ser libre? (I). xataca ciencia. Recuperado de https://www.xatakaciencia.com/tecnologia/bill-gates-vs-richard-stallman-el-software-deberia-ser-libre-i


 

    • Rebeca Blanco
      Rebeca Blanco

      Hola Uxía! 

      Me ha parecido muy interesante y curiosa tu entrada ya que abordas el tema de una manera ejemplificada poniendo casos que todos conocemos o que de algo nos suenan.

      Es obvio que tanto Gates como Jobs sobreponían sus intereses económicos, eficiencia o beneficios a la apertura del conocimiento y "libre circulación" de éste, pensamiento que claramente desde mi punto de vista suena interesado y egoísta, algo que suele formar parte del patrón común de los grandes empresarios. 

      Un saludo! 

      • Uxía Carlón Álvarez
        Uxía Carlón Álvarez

        Moitas gracias por lerme Rebeca!

        Quería facer esta entrada mais próxima e informal pero abordando o tema proposto. A miña opinión é coma a túa, os intereses de uns repercuten en todas as persoas o cal me parece elitista pero quería darlle á temática as dúas cara da moeda. 

        • Rocío Linares
          Rocío Linares

          Hola Uxía!

          Lin a túa entrada para recoller ideas sobre artistas famosos que estiveran a favor da licencia de copyright sobre a que fixen a miña última entrada, xa que este tema do software libre está íntimamente ligado.

          O que máis me gustou da túa entrada foi que mencionaches a caras coñecidas que están a favor e en contra deste movemento o que nos fai ler dita entrada con máis entusiasmo.

          En canto ao contido, opino como Rebeca, estes autores teñen una posición egoísta antepoñendo os seus intereses económicos.

           

        últimos comentarios