Educación aberta, coñecemento aberto, software libre...ou cerrado e propietario?. Discusións e análises da problemática.

Esta é a última temática que me quedaba por tratar nos meus blogs; a educación aberta ou pechada. Considero que é unha boa forma de rematar este camiño de aprendizaxe que emprendemos hai uns meses, xa que logo de indagar e aprender sobre diferentes temáticas do ámbito da tecnoloxía educativa, vou a concluír se estes (así como todos os coñecementos que conforman a educación) deberían ser privados, ou abertos ó público.

Para comezar, vou a definir o concepto de software libre.  Este termo provén do ingles free software, e o feito de que o termo free signifique na lingua orixinal tanto ‘’gratis’’ como ‘’libre’’, provoca confusións como a de pensar que o software libre é sempre gratuíto; cando a característica principal do software libre é a liberdade, non o prezo. O propietario dos dereitos sobre o software libre garante aos usuarios, mediante unha licencia, unha serie de liberdades que non outorga o propietario do software privado, que se reserva numerosos dereitos en base á lexislación sobre propiedade intelectual. O usuario de software privado en realidade paga polo dereito a usar, con moitas limitacións, o software. Pero pagar por el, non o convirte en algo da súa propiedade (Adell e Bernabé).

É dicir, o software libre é aquel que o autor permite o uso e modificación aos demais, recordando qué que sexa libre non significa que sexa gratuíto, moitas veces pagamos aínda que sexa un prezo significativo. Por outro lado, o software pechado ou privado é aquel que non permite modificacións, sí permite o uso pero con moitas limitacións e en ningún caso pagar por el significa adquirilo como propio.

Ver las imágenes de origen

Entón, para a educación, que é mellor? tendo en conta os conceptos de software libre e software pechado, o mellor para a educación é que sexa aberto, de uso libre, para que os coñecementos cheguen o máis lonxe posible e poidan inculcarse no maior número de persoas posibles, tendo en conta que a educación é unha ferramenta moi poderosa. É verdade que a moitos autores/as non lles gusta que o seu traballo sexa copiado, pero debemos considerar o coñecemento libre como un acto de xenerosidade cara os demais, de poder aportar ideas propias e novas a outra xente.

Entón, cal pode ser a vantaxe de empregar software libre en en educación?, pois ben , este tipo de software pode adaptarse ás necesidades docentes (por exemplo, modificarse para ofrecer aos alumnos unha visión máis simplificada), darlle unha aparencia adecuada aos coñecementos do alumno (por exemplo, similar á das ferramentas cas que o alumno está máis familiarizado).

Se se empregan programas libres, cada estudante pode reproducir todo o entorno de practicas, con total exactitude , en calquera outro dispositivo electrónico, como por exemplo dende a súa casa, onde podería practicar comodamente. Todo eso sen ningún problema de licencias e sen coste extra (ou un prezo insignificativo). Ademais das ferramentas básicas empregadas no curso, é fácil e económico empregar maxistralmente outras similares, pada que cada estudante poida experimentar coas diferencias entre ferramentas similares.

Cómo conslusión, queda bastante claro que á educación o que máis lle favorece é o software libre, para a difusión de coñecementos de forma máis sinxela.

Bibliografía:

Adell, J. (2005). Del software libre al conocimiento libre. Andalucía educativa. Recuperado de: http://www.juntadeandalucia.es/educacion/portal/com/bin/Contenidos/IEFP/ANDALUCIA_EDUCATIVA/ANDALUCIA_EDUCATIVA/1133272276307_opinion.pdf

Adell, J. & Bernabé, I. (2007). Software libre en educación. Universitat Jaume I. Recuperado de :https://www.researchgate.net/profile/Jordi_Adell2/publication/216393192_Software_libre_en_educacion/links/0912f51366175dd62d000000.pdf

Valverde, J. (2005). Software libre, alternativa tecnológica para la educación. Actualidades investigativas en educación. 5 (2). Recuperado de: https://www.redalyc.org/html/447/44750220/


 

    • Uxia Sanjurjo
      Uxia Sanjurjo

      Hola Noelia,

      Ante todo decir que me ha parecido muy interesante que escribieras en tu blogg sobre un tema como este ya que ahora mismo está muy de moda toda esta discusión entre conocimiento abierto o cerrado. De igual modo te agradezco que hayas dejado claro el hecho de que libre no significa gratis ya que muchas personas creen que por el simple hecho de que algo sea libre no van a tener que pagar por ello y, simplemente se refiere a que lo pueden utilizar siempre y cuando se cite claro está para otro tipo de fines. 

      Me gustaría recalcar lo que dices de que la educación necesita software libre y estoy totalmente de acuerdo contigo , pero también creo que muchas veces el alumnado piensa que libre quiere decir que pueden hacer con él lo que quieran y eso no es del todo cierto por lo que desde mi punto de vista creo que debería inculcarse desde pequeños a los niños las pautas necesarias para poder utilizar ya no sólo software libre, sino cualquier material pero siempre desde el respecto y no desde la copia.

      Un saludo.

      • eva garcia fraiz
        eva garcia fraiz

        Hola Noelia,

        Te agradezco que hayas elaborado una entrada sobre este tema ya que hablamos de el en la última sesión expositiva y a mi, al menos, no me había quedado del todo claro. Al igual que tu considero como mejor opción la existencia de un software libre que facilite la difusión de el conocimiento y sea útil y alcanzable para todos. Pero de igual manera, coincido con Uxía en la necesidad de educar a los niños desde pequeños para que sean capaces de utilizar los materiales proporcionados por la web de forma correcta.

        • Noelia Villar
          Noelia Villar

          Ola Eva e Uxía, grazas polos vosos comentarios, e sí, estou de acordó con vos en que debemos respetar aos propietarios dos materiais que empregamos, aínda que estes sexan libres, respetando a súa creación e citando e referenciando sempre que os empreguemos. 

          • Ainhoa Torreira
            Ainhoa Torreira

            Hola!! Pareceme moi interesante a túa entrada, e comparto completamente a túa postura. Dende o meu punto de vista é moi importante contar con software libre, para que todxs teñamos acceso a información, poder compartila, mellorala.... Ademáis pareceme moi importante que fagas mención en canto a que software libre non equivale a gratituidade. 

            Igual que menciona Eva, tamén vexo de gran relevancia educar aos nenos dende pequenos para que fagan un uso axeitado de todos os materiais que nos proporciona a web.