Web Semántica?

Na anterior entrada falamos da Escola 2.0 e da cantidade de información ao que o neno se expón. Agora ben, é a Escola 2.0 parte da Web 2.0? E nós?

Para poder responder a isto debemos explicar o que é a Web 2.0. A Web 2.0, tal e como indica Lluis Codina (2009) non é a Web actual senón que forma parte dela e, xunto coas versións previas configúraa. Algo que clarifica perfectamente ata onde abrangue esta Web son os seus compoñentes tal e como vamos a observar na seguinte ilustración.

Imagen 1.png

Codina, L. (2009). Los componentes principales de la Web 2.0. [Ilustración]. Recuperado de: https://bit.ly/2tVe58e

Son compoñentes que todos nos coñecemos e os cales podemos relacionar (e comprender esta relación) con facilidade. As Redes Sociais contribúen a unha maior difusión dos contidos que crean os usuarios, estas redes sociais son aplicacións en liña (que parten da computación na nube) e as cales funcionan como ferramenta.

Máis descoñecidos e difíciles de entender son aqueles compoñentes que forman e configuran a Web Semántica. Este foi un termo que me causou bastante intriga xa que o seu nome non deixaba moitas pistas a primeira vista sobre o significado do mesmo. Tras o lido podemos dicir que é un termo un tanto complexo, non obstante, tentarei simplificalo. A Web Semántica é un proxecto que pormove un organismo internacional (World Wide Web Consortium) cuxo creador (Tim Berners-Lee) comezou a considerar a partir dos anos 90, que a Web necesitaba un cambio. Por este motivo lanzou a “Web Semántica”.

Estades a preguntarvos, e como se caracteriza esta Web? Pois ben, ao igual que os compoñentes da Web 2.0, Lluis Codina (2009) destaca catro compoñentes principais da Web semántica:

  1. A Web considerada como unha gran base de datos.
  2. Metadatos e lóxica formal.
  3. Ontoloxías.
  4. Axente de usuario e sistemas informáticos capaces de efectuar inferencias ou razoamentos.

Noutras palabras, o que se pretendía coa Web Semántica era levar o raciocinio ás nosas computadoras. En palabras do autor: “desenvolver unha serie de tecnoloxías que permitisen aos ordenadores, a través do uso de axentes de usuarios parecidos aos navegadores actuais, non só “entender” o contido das páxinas web, senón ademais efectuar razoamentos sobre o mesmo.” (Codina, 2009, p.4). É dicir, podemos entender a Web Semántica como o intento de facer dunha computadora unha persoa. Este concepto de Web semella complexo ao igual que complexo é o conxunto de capas dos compoñentes tecnolóxicos principais do proxecto (estrutura que podría tentar explicar, porén emprega conceptos lonxe da miña comprensión e os cales considero que non son o aspecto máis relevante aquí, e agora).

Gustaríame saber que opinades sobre esta cedencia de razoamento humano a máquinas metálicas, persoalmente creo que, como toda tecnoloxía, facilitaría o traballo de búsqueda de información xa que ao buscar un artigo (por exemplo) daríanos artigos ou documentos relacionados. Non obstante tamén creo que é unha información sesgada xa que realmente non buscas por ti mesmo e, polo tanto, pode supoñer unha perda de “entreno” na búsqueda, manexo, e análise da información de todos os contidos e datos que podemos atopar na web.

 

Codina, L. (2009). ¿ Web 2.0, Web 3.0 o Web Semántica?: El impacto en los sistemas de información de la Web. In I Congreso Internacional de Ciberperiodismo y Web (Vol. 2).

    • Sergio Polín
      Sergio Polín

      Moi boas, Sonia!

      Pareceme moi interesante o temática que tratas, e polo tanto, quero responder á reflexión que nos deixas.

      Na miña opinión, considero que o cedemento do razoamento humano, como ti dis, ás máquinas, é a resposta natural do avance da tecnoloxía. Cada vez intentamos "humanizar" máis a estas, que teñan a mesma capacidade para razoar que nós, que pensen como nós. O avance da tecnoloxía vai á par da nosa comodidade e da optimización das nosas tarefas, polo que vexo esta búsqueda intelixente como o camiño a seguir. Tes razón cando falas de información sesgada, porque ó final estariamos a depender do criterio da propia máquina, sen nós profundizando naqueles aspectos que pode ser que nos interesen máis, pero considero que ese é un problema que co propio progreso desta tecnoloxía se conseguirá pulir ata que reflicta perfectamente ás nosas inquedanzas. Isto xa é algo que vemos hoxe en día, por exemplo, buscamos unha canción e salennos mil máis do mesmo estilo, polo que estes algoritmos de busca xa están en funcionamento; un funcionamento algo "torpe", pero que ten marxe de mellora.

      Dito isto, acabo xa que non quero ser pesado; moi boa a entrada, a "humanización" das máquinas é un tema do que sempre me gusta ler.

      • Maria Noya Hoyos
        Maria Noya Hoyos

        Buenas tardes Sonia,

        Al igual que tú considero que es un arma de doble filo que puede tener cosas muy buenas, pero que también puede tener alguna desventaja. Considero que habría que analizarlo con una la balanza y ver qué es lo que pesa más. 

      últimos comentarios