COÑECEMENTO ABERTO OU PECHADO?

    Maria Martinez Garrido
    Por Maria Martinez Garrido

    Volvendo ás entradas escritas fai unhas semanas sobre a Educación Aberta ou privativa, quería retomar a temática despois de tratar en clase o tema de xeito máis detallado.

    Como expuxen nestas dúas entradas, a información a que queremos acceder non é sempre aberta, implicando pagar ou acceder a través dun rexistro se queremos facer uso dela, o que se coñece como educación privativa.

    En moitos dos casos, atópase unha gran cantidade de información en artigos, vídeos ou demais fontes de documentación que están abertos no seu uso para todas as persoas pero, noutros, é moi dificultoso atopar algunha información referente ao tema do noso interese e nos casos de que atopemos información ou queiramos empregar iconas coñecidas para exemplificar non podemos ou non debemos facelo porque estaríamos a cometer un delito. Isto está regulado polo que coñecemos como dereitos de autor, normativa que regula os dereitos morais e patrimoniais que a lei lle concede aos autores polo feito de crear unha obra.

    Estes dereitos de autor, actualmente, teñen dúas variantes:

    • O copyright, por medio do cal se busca protexer mediante un marco legal os dereitos de reprodución das obras dos diferentes autores, tendo estes o control sobre o seu uso.
    • O copyleft que permite a libre distribución e aceso ás obras dos autores que así o queren.

    O concepto de copyleft desenvolveuse a partir do que se coñece como “Free Software”, idea xurdida de Richard Stallman coa idea inicial coa que xurdiu a Internet de compartir o código fonte do software e ter acceso a toda a información que se publicase. Para promover esta filosofía, creouse “Creative Commons”.

    Esta organización permítelle as persoas empregar a información de xeito libre e con dereitos de autor que conceden a libre utilización da mesma, sen deixar de recoñecer a autoría dos mesmos.

    Como conclusión, pódese dicir que os seres humanos somos egoístas por natureza, xa que por que íamos querer restrinxir o acceso da información que creamos se non o foramos? Esta pregunta pode ter diferentes opcións de por que as persoas prefiren restrinxir o uso das súas publicación, un deles o económico; mais por que facemos isto si poderíamos contribuír á mellora do coñecemento dos nosos iguais a través das diferentes publicacións e reflexións que se poidan facer sobre diversos temas, abrindo deste xeito a posibilidade que teñen as persoas de aprender sobre todos os temas que lle sexan de interese. Baixo o meu punto de vista, así é como estaríamos a crear un coñecemento aberto que aínda que Creative Commons nos achegue un pouco máis a este obxectivo que podería favorecer a toda a sociedade, aínda estamos lonxe de conseguir.

    REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:

    Botero, C. (2005). “Copyleft”: Entre el “Free Software” y el “Open Source”. Veredas do Direito 2(3), 155-172. Recuperado de: file:///C:/Users/Mar%C3%ADa/Downloads/124-440-1-PB.pdf

    Pérez, S. (2013, Marzo 31). Análisis comparativo entre: Derechos de Autor, Copyright y Copyleft.  Venezuela. In: SlideShare. Recuperado de: https://es.slideshare.net/sandroperez37017/cuadro-comparativo-entre-derecho-de-autor-copyright-y-copyleft

    Ribas, E. (2018, Octubre 18). Qué son las licencias Creative Commons (y para que sirven). Marketing4ecommerce. Recuperado: https://marketing4ecommerce.net/que-son-licencias-creative-commons/

    últimos comentarios