Suso, o mestre de inglés.

Na entrada anterior facía referencia á Web Semántica, nacida como un proxecto para transformar a Web. Este proxecto foise modificando co paso de tempo ata chegar a unha idea similar da Web 3.0. Lluis Codina (2009, pp.5-6) indica que o que se entende pola Web 3.0 non está claramente definido aínda que xa se estea a falar dunha Web 4.0.

Falarvos sobre esta idea era a miña primeira opción, non obstate si tocaba o tema "tecnoloxía" pero non a parte de "educativa" polo que non me apetecía compartir con vós algo banal e sin máis e decidin compartirvos algo meu, propio, e bueno, ao fin e ao cabo é o meu blog, non?

Quería falarvos da miña experiencia en prácticas (si, seino, algo tarde, pero que queredes). Non tiña pensado tocar este tema, non obstante saliu o tema dos Colexios Rurais Agrupados (CRA) e non puiden evitar resoplar. Eu crecín e estudiei nun CRA bastante pequeno e bastante perdido na xeografía galega, e din que un sempre volve a onde foi feliz, e alá fun eu.

Decidín realizar a miña estancia en prácticas no CRA de Santa Comba no cal eu pensaba, no referente á tecnoloxía, que me ía atopar co mesmo que deixei. Digo isto porque as instalacións son as mesmas, a pintura é a mesma e os nenos seguen a xogar cos mesmos bloques de plástico cos que nos alborotabamos. Ao chegar atopeime con que cada mestre dispuña do seu ordenador portátil persoal e que cada clase tiña unha pizarra electrónica. Estas pizarras non foron usadas por ningún dos tres titores (un por cada escola) na miña presencia. Agora ben, cando eu me preguntaba a función de ese aparello aí, posto que ninguén parecía usalo, aparece o mestre de inglés e director do CRA (Suso, para que nos entendamos), coa resposta. El si exercía un uso desas pantallas, un gran uso xa que non houbo clase onde os nenos realizaran actividades sen elas, actividades e cancións que realmente se apreciaba que os nenos aprendían.

Outro gran bum coa tecnoloxía na estancia de prácticas foi cando Suso lles dou unha Tablet a cada neno. Parece moita inversión, pero eran 6 nenos en total, polo que tampouco nos veñamos arriba. Non obstante, os nenos realizaron unha cantidade de exercicios de vocabulario de inglés, con unha ilusión e unha alegría, que sería imposible velos facer os mesmos exercicios nun papel.

Creo que esta pequena e informal historia é unha clara evidencia do uso e necesidade da tecnoloxía no proceso de E-A dos nenos e como esta nos axuda a facilitar e axilizar a aprendizaxe de diferentes contidos.

Foi algo co que non me esperaba atopar e algo que me fixo darme conta que estaba errada e que realmente a tecnoloxía si beneficia á aula e si a necesitamos. Precisamos educar coa tecnoloxía e educar na tecnoloxía e para a tecnoloxía.

Agora preguntovos a vós, estamos educados nós para poder educar con, para e na tecnoloxía? 

 

Codina, L. (2009). ¿ Web 2.0, Web 3.0 o Web Semántica?: El impacto en los sistemas de información de la Web. In I Congreso Internacional de Ciberperiodismo y Web (Vol. 2).

    • Claudina Garcia Gonzalez
      Claudina Garcia Gonzalez

      Ola Sonia! Acabo de ler a túa entrada e gustaríame darche a noraboa por ela.

      Pareceume moi interesante o que contas de que só o profesor de inglés usaba con eles a tecnoloxía na aula, porque na miña experiencia de prácticas nun centro de reeducación pasaba algo similar. Respondendo a túa pregunta, a día de hoxe aínda que coñecemos na materia ferramentas como a gamificación, no que a min respecta creo que aínda non sabería como educar nin con tecnoloxía, nin moito menos para que o alumnado faga un bo uso da mesma sen recaer en cousas tan básicas como facer os mesmos exercicios que teñen nos libros, pero en tablets ou ordenadores.

      Penso que a tecnoloxía educativa ten que ir máis alá de iso, temos que educar para formar persoas críticas coa súa contorna e debemos polo tanto axudalas a que saiban a que tecnoloxías darlles un bo uso e cales, por exemplo, as poden estar usando outras na súa contra. Non sei se me pasa só a min, quizais si, pero creo que me falta aínda moito que aprender para a posta en práctica de todo isto nas aulas.

      Un saúdo compañeira! Un pracer lerte :)

      • Ariana Alvarez Vazquez
        Ariana Alvarez Vazquez

        Ola Sonia! Antes de nada gustaríame felicitarte pola entrada, xa que conseguiches que fose tan interesante como amena.

        En canto ao contido abordado, a verdade é que me impactou a historia, e quedeime coa dúbida de se realmente os demais profesionais non empregan a tecnoloxía por falta de formación ou porque non a consideran un recurso útil. Persoalmente, e relacionándoo coa pregunta que realizas ao final da entrada, considero que se debe á falta de formación para educar dunha forma axeitada coa, para e na tecnoloxía. E isto pode deberse a falta de formación docente neste ámbito, xa que a maioría dos/as mestres/as son autodidactas.

        Por último, non considero que actualmente estea capacitada para formar en, para e coa tecnoloxía; xa que como ben expresa Claudina, corro o risco de reproducir as metodoloxías actuais dos libros, pero con tablets ou ordenadores.

        Un saúdo!

      últimos comentarios