Recursos Educativos Libres: que son os OpenCourseWare?

Dentro do contexto dos Recursos Educativos Abertos (OER) e todo o que abarcan, hai que falar do movemento dos OpenCourseWare (OCW).

Os OpenCourseWare, atendendo o Consorcio OCW (2012) e recollido por López e compañía no informe sobre o impacto das OCW en español en repositorios de España e Latinoamérica (2013), son unha publicación dixital en aberto e gratuíta con materiais educativos de alta calidade para o nivel universitario.

Este proxecto, xurdido dentro do MIT (Massachusetts Institute of Technology), nace, segundo o propio MIT-OCW (2002), tal e como recolle Brenes (2011), como unha rede de publicacións con contidos referentes a todos os cursos presentes do MIT, de acceso libre e gratuíto para calquera, de niveis tanto de grao como de posgrao, orientados tanto para docentes como alumnos.

Do mesmo xeito, tamén expoñen que os contidos no OCW veñen expostos segundo tres categorías, que serían a planificación de cursos (abarcando programas, obxectivos, temarios, temporalización…), os propios contidos (abarcando bibliografía e demais material); e actividades de carácter pedagóxico (con tarefas, proxectos, probas…). Dependendo da modalidade educativa, pode existir acceso a probas de avaliación, que non responden ó modelo dun exame completo. Todo o proceso de aprendizaxe relativo ós OCW están orientados a un modelo de traballo autónomo, onde o/a alumno/a afronta por si mesmo a aprendizaxe. (López et al, 2013).

 

É dicir, ofertase unha plataforma con contidos dunha das universidades máis prestixiosas do mundo de maneira gratuíta e de libre acceso. Polo tanto, é un perfecto exemplo de Recurso Educativo Libre de calidade, que permite levar a cabo un proceso autodidáctica de aprendizaxe que non conleva unha busca de material detrás. E hoxe en día, está estendido por todo o mundo.

 

Pero en España? Cales son as iniciativas neste aspecto?

 

No noso país a iniciativa nos OpenCourseWare tomouna a rede universitaria Universia. Esta rede promoveu que as universidades españolas e latinoamericanas se sumaran a este proxecto incorporando contidos. Nun primeiro momento, esta rede adicouse á simple tradución a castelán e portugués dos cursos presentados polo MIT, pero rapidamente enfocaría a súa atención en conformar unha base propia de contidos das universidades iberoamericanas, empregando a licencia de Creative Commons.

Existe unha gran variedade de cursos ofertados actualmente polas universidades do noso país, habendo máis de trinta centros involucrados nesta iniciativa.

A estrutura que seguen os cursos pertencentes o OCW está establecida nunha serie de categorías, a través das cales se conformar os contidos, aínda que a súa presenza non é obrigada en todo os cursos, xa que poden variar segundo aqueles aspectos nos que se queira centrar a persoa que publica. Estas categorías serían as seguintes:

 

Temario

Calendario

Lecturas

Notas de conferencias

Laboratorios

Exámenes

Materiais de estudo

Galería de imaxes

Vídeos

Proxectos

Grupos de discusión

 

Do mesmo xeito, as persoas que soben os contidos tamén inclúen o material que empregan, como poden ser as dispositivas, imaxes, vídeos, o sistema de avaliación e a bibliografía máis apropiada para os cursos en cuestión (Badenes et al, 2014).

 

Algúns exemplos de OCW en España poden ser os seguintes:

 

image

Figura 1. OCW na Universidade de Cantabria. Recuperado de https://ocw.unican.es

image

Figura 2. OCW na Universidade de Salamanca. Recuperado de http://ocw.usal.es

 

image

Figura 3. OCW na Universidade de Valencia. Recuperado de http://ocw.uv.es

 

Nesta liña, gustaríame comentar o feito de que un recurso como este, coas posibilidades que ofrece, non considero que teña a promoción que debería. Estase a falar de cursos de acceso totalmente libre e gratuítos, cun enorme potencial para aquelas persoas que busquen afondar na súa aprendizaxe. A pesar de que non conleva ningún tipo de certificación ou título por parte da universidade, é unha fonte fiable de coñecemento á que se pode acudir, eliminando os problemas que pode supoñer atopar información de calidade e garantía arredor dunha temática en concreto.

 

A miña visión deste estilo de recursos, para o noso país, debe partir do goberno central, xerando plataformas de coñecemento a nivel nacional entre todas as universidades do país, formando unha base de datos conxunta de contidos e cursos, que ademais permita a interacción e o intercambio de ideas e experiencias (sen ser unicamente un almacén de contido).

Un exemplo disto que comento é de Corea do Sur, coa plataforma Edunet, que permite a tódolos cidadáns acceder a coñecemento gratuíto e formar unha comunidade de aprendizaxe, con recursos para alumnos e profesores; e todo xestionado desde o goberno (González, 2011).

 

En definitiva, vexo nos Recursos Educativos Libres unha dirección clara pola que debe avanzar a educación no noso país. Información e recursos de calidade ós que calquera que queira instruírse poda facelo, con liberdade de acceso e gratuidade. A pesar de que hai variedade a nivel internacional, no n contan coa visibilidade que deberían ter.  E a nivel nacional aínda é máis difícil atopalos, polo que neste aspecto vexo un filón educativo esperando a ser aproveitado.


 

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Badenes Ribera, L., Frías Navarro, D., Monterde i Bort, H., Pascual Mengual, J. e Pascual Soler, L. (2014). Open Course Ware (OCW) en las universidades españolas. En Ministerio de Educación (Gobierno de España), Programa de “Estudios y Análisis”. Proyecto EA 2009-0168.  Valencia: Palmero Ediciones.

Consorcio OCW (2012): What is OCW?, consultado el 29 de septiembre de 2012 en http://www.ocwconsortium.org/en/aboutus/whatisocw

González Pérez, A. (2011). Políticas educativas en Corea del Sur: buenas prácticas TIC en la sociedad del conocimiento, México y la Cuenca del Pacífico, núm. 40 (xaneiro-abril), pp. 75-90

López, J., Piedra, N., Sancho, E., Soto, O. e Tovar, E. (2013). Aplicación de tecnologías web emergentes para el estudio del impacto de repositorios OpenCourseWare españoles y latinoamericanos en la Educación Superior. En Tovar, E., Programa de Estudios y Análisis. Proyecto EA 2011-0120. Madrid: Universidad Politécnica de Madrid.

 

WEBGRAFÍA

http://ocw.uv.es

http://ocw.usal.es

https://ocw.unican.es

 
    • Adrián Otero Vilela
      Adrián Otero Vilela

      moi boa entrada sergio, o dificil vai ser promocionar este tipo de instrumentos educativos...

    últimos comentarios